EDL. Actividades anuais 15-16


Manuel María nace en Outeiro de Rei da Terra Chá (Lugo) o 6 de outubro de 1929, no seo dunha familia de labregos máis que acomodada. Vive os seus anos da nenez e da adolescencia como calquera outro neno do mundo rural, coa única diferenza de que na súa casa non sufrirán nunca a miseria e a fame que coñecen a maioría das familias naqueles primeiros tempos da posguerra. Comeza a escola en Outeiro en plena guerra civil. Logo prepara en Rábade o ingreso no Instituto cun mestre que dedica as tardes dos sábados a ler e comentar textos poéticos galegos -algo verdadeiramente sorprendente nesa época-, o que lle permite descubrir a existencia da literatura galega nesa etapa inicial da súa vida. Inicia o Bacharelato no curso 1942-43 no Instituto Masculino de Lugo. Antes de rematar o primeiro curso, en maio de 1943, morre o seu pai e faise cargo da súa educación o seu tío paterno, párroco de San Froilán e profesor de Filosofía no Instituto Feminino da cidade luguesa. Son anos duros e difíciles, que o futuro poeta vive como internado na Academia Galicia dos maristas até que no 1947-48 regresa ao Instituto para rematar o bacharelato. Sempre que pode, de calquera xeito, retorna aos seus eidos, á liberdade de Outeiro de Rei, onde vive días moi felices coa nai e cos irmáns, integrándose plenamente no mundo labrego. Precisamente é cun criado que traballa na casa, Manuel de Paderna, co que aprende a facer versos nos mediodías do verán, á sombra dunha oliveira. Ademais da influencia cultural do seu tío crego, moi formado en Teoloxía, Filosofía e Literatura, nese tempo da adolescencia de Manuel María é para el lectura habitual A Biblia, a obra de Rubén Darío, os clásicos españois e a Xeración do 27.

 

LETRAS GALEGAS

FESTIVAL EDUCACIÓN INFANTIL


  • 3 anos B. Conto: “Os tres porquiños”.
  • 3 anos A. Canción: “Fun ao mercado”.
  • 4 anos C. Conto: “ O pez arco iris”.
  • 4 anos A. Conto: “A mosca chosca”.
  • 4 anos B. Conto: “Camilón Comilón”.
  • 5 anos A. Poema: “O río” (Manuel Mª).
  • 5 anos B. Canción: “A saia da Carolina”.
  • 5 anos C. Poema:“O meu barco”(Manuel Mª).
  • Vídeo. Nos tamén creamos. ”A figueira de Pelostortos”.
  • 5 anos A, B e C Canción: “Cantiga de Pelostortos”.

 

FESTIVAL 1º, 2º E 3º DE EP


  • 1ºA.Representación : “Negros e Blancos”.
  • 1ºB. Representación: “As ceras de cores”.
  • 1ºC. Representación: “A vaca que puxo un ovo”.
  • 2ºA. Canción: “Señor gato, atención”.
  • 2ºB. Representación: “A voda do piollo e a pulga”.
  • 2ºC. Representación: “Pasamos a terceiro”.
  • 3ºB. Poema: “A etrela sen nome”.
  • 3ºA. Representación: “Auto do regato do Capelo”(Manuel Mª).
  • 3ºC.Poemas: “Poemiña para namorar unha rosa” e “Galicia”.

 

FESTIVAL 4º, 5º E 6º DE EP


  • Relatos orais:
  • 5ºA. Relato: Estampas de “Soños na gaiola”.
  • 5ºC. Relato : “Historia de un labrego con algo de poeta”.
  • 6ºB. Relato: “Lendas de Santiago”.
  • 6ºC. Relato: “Sabedoría no goberno”.
  •        Relato: “As apariencias”.
  •        Relato: “O avó”.
  • 4ºA. Poemas de Manuel Mª.
  • 4ºB. “Uns minutos de publicidade”.
  • 4ºC. “Muiñeira das patelas”.
  • 5ºB. Poema e danza “”Remix: Medo”. Canción: “Galicia”.
  • 5ºC. Poema: “Amizade”.
  • 6ºB. Representación: Berenguela”.
  • 6ºC. Poema de Manuel Mª.
  • Varios. Representación musical: “O aradiño de pao”.
  • Entrega de premios:  concurso tecnolóxico e de relatos orais.

 

 

 

 

21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA


O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala. A directora xeral da UNESCO, Irina Bukova, é clara na súa declaración:  
«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.»

Nós este curso, adicaremos o día a Manuel María, o escritor e poeta ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas, que conta cunha ampla produción poética dirixida ao público infantil.

   

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL


De cara ao Nadal, a ANPA A Ferradura proponnos un concurso de postais de Nadal.
No concurso poderá participar todo o alumnado do centro.
As postais, en tamaño folio (A4), deberán ser entregadas á Xefa de Estudos como data tope o mércores 9 de decembro.
O nome, curso e grupo figurará na parte posterior da postal.

PREMIOS:

Un premio de 50€ nun ticket regalo para o gañador/a dos seguintes niveis agrupados: EI, 1ºe 2º, 3º e 4º, 5º e 6º de EP.
Os premios entregaranse o día do respectivo festival de Nadal.
   

 

O MAGOSTO


O mes de novembro é o mes do Magosto, e son dúas as datas máis correntes para a súa celebración: o día 1 de novembro ou o día 11, festa de San Martiño. Este mes de novembro tamén leva este nome.

Nós, no colexio, celebrarémolo o venres 6 de novembro.


  ...SE QUERES SABER MÁIS SOBRE O MAGOSTO

 

 

OS TROMPOS


 

Na primeira semana de novembro realizaremos no colexio unha exposición de trompos decorados, na que poderá participar todo o alumnado.


XOGAR AOS TROMPOS


Pode xogar un só, por diversión, ou con outros. Faise nun terreo duro de terra, xeralmente nun camiño. É un xogo típico de utono que actualmente está en desuso.

O trompo é unha peza de madeira de forma cónica, cunha pica na punta e unha parte saínte no outro extremo chamada cú. Os máis correntes teñen unha altura aproximada de 7 cm, incluída a pica, e un diámetro de 4,5 cm na parte máis ancha. Había uns trompos máis pequenos e outros máis grandes chamados carabinas que se facían de madeira na casa.

Para facer bailar o trompo emprégase o chorrillo, cordel ou brenza, un anaco de cordel de aproximadamente1,10 mde lonxitude que se enlea arredor comezando pola pica e deixando unha parte solta para enganchar nos dedos.

Hai dúa maneiras de tirar o trompo para facelo bailar:
  • De home: lanzándoo desde arriba á altura do ombreiro, así colle máis forza e pica máis forte na terra.
  • De muller: lanzándoo á altura do xeonllo

Ás veces cámbiaselle a pica aos trompos para que teñan saída, que bailen mellor e non queden dentro do círculo.
A buxaina é semellante ao trompo, máis pequena e faise bailar coa man.

REFRÁNS


  • Polo San Martiño trompos ao camiño.
  • Polo San Andrés trompos outra vez.
  • Por Santa Eulalia trompos á borralla.
  • En xaneiro, trompos ao fumeiro.
  • Polo San Amaro Trompos ao tellado (ou ao faio).
   

 

 O SAMAÍN


Na noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa na honra dous defuntos, marcando o paso do outono ou inverno.  Nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade e cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, buscou e atopou un mecanismo de reparación:  preparar alimentos e agasallos por parte dos parentes vivos aos parentes mortos.

Nós, no colexio, celebrarémolo desde o 26 ao 29 de outubro.


...SE QUERES SABER MÁIS SOBRE O SAMAÍN

   
 

Exposición de cabazas decoradas

do 27 ao 29 de outubro.


¿COMO SE FAI UNHA CAVEIRA NA CABAZA?

A técnica do tallado da caveira é ben sinxela. Comézase facendo unha incisión superior semellante a unha boina. Afástase este bonete, límpase por dentro axudándose dun raspador. Tendo o interior ben limpo e rebaixado, fanse dous furados para os ollos, outro para ou nariz e outro para a boca. Pódese rematar poñéndolle uns pauciños nos beizos a xeito de dentes e prendendo unha vela no seu interior co coidado de colocala convenientemente para que non caia.