Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Primaria

DIARIOS CONFINADOS

O alumnado de 5º está ao pé da noticia ainda confinado. Na primeira reportaxe de investigación, a nosa intrépida reporteira Paula Martín amósanos o milagre da vida emplumada.


A nosa segunda reportaxe vén da man de Alejandra que nos fala dunha interesantísima actividade que se realiza no Centro de Alto Rendemento canino situado na "veigha" de Tollo.


Na seguinte reportaxe, a nosa corresponsal Daniela mergúllanos nos segredos da Natureza eoutro milagre de vida, desta vez, peluda.

 

E unha última reportaxe de rabiosa actualidade a cargo da nosa reporteira Natalia coa axuda inestimable do becario da chupeta.

Dende a redacción destes Diarios Confinados agradecemos a colaboración e boa disposición das persoas entrevistadas: Venida, a xefa das quícaras; Marta, Samuel e Kay, o coitado do can que deu todo e máis, do parque canino; á comunidade canina de Figueiró; aos avós e o pequenete que xa non saben que facer por saír da casa (ollo!!! que hai que andar con coidado) e, como non, ás persoas que están detrás das cámaras que son parte moi importante nesta actividade.

Onde está a noticia, aí estamos nós!!!!

 

OUTRA DE XOGOS PARA PRESTAR MOITA ATENCIÓN

Cando abrades este adxunto ides atopar unha morea de enlaces que vos levarán a un montón de xogos de atención, memoria e concentración. Botades un ollo?

PROPOSTAS DE RELI PARA ESTA SEMANA

Ola!!!! Para esta semana propóñovos estas cousiñas que poderedes atopar no adxunto. Queda menos!!!!

AÍ VEN O MAIO

Empezamos MAIO, o mes da primavera e das flores. Celebramos a fin do inverno, o reverdecer das plantas, o comezo do ano agrícola, a alegría de ver o sol brillando no horizonte e “florecen” tradicións como OS MAIOS. Sabedes a súa orixe? Ou como se celebra? En que zonas?

 

Con estes enlaces botámosvos unha man para saber un chisquiño sobre esta celebración:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Festa_dos_maios

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/tradicions-celtas-romanas-maios/20200501075222096502.html

 

Celebramos esta festa no noso entorno?

Por que se adornan con xestas coches ou entradas das casas?

http://talourcera.blogspot.com/2010/05/la-belleza-de-lo-ordinario-buscando.html

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/fai-xesta-no-teu-carro/20170502193707057090.html

 

Como se celebra ou celebraba en poboacións como Tui ou Tabagón?

http://tudensia.blogspot.com/2020/04/ai-ven-o-maio.html

E á outra beira do río, en Cerveira, se celebra? Como o fan alí?

https://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/36369/claves/Originais-e-coloridas-coroas-de-flores-assinalam-tradi%C3%A7%C3%A3o-d--As-Maias--em-Cerveira

 

Os primeiros cursos de Primaria (vale, se queredes os maiores tamén) tedes esta actividade.

 

E como remate final: MÚSICA.

Empezamos con esta interpretación da Agrupación Musical de Goián da obra “Beltane” composta por Andrés Álvarez, veciño de Goián e ex alumno do noso cole. Pechade os ollos e deleitádevos escoitando.

 

 

Por que pensades que a chamou así? Como é ese calendario celta?

 

https://mundovikingo.com/beltane/

 

https://mundovikingo.com/rueda-del-ano/

 

 

 

Rematamos co poema “O MAIO” de Curros Enriquez nesta fermosa versión musical para celebrar o NOSO MAIO FLORIDO ... E DISTINTO.

 

 


 

MÁIS ACTIVIDADES PT E AL

Neste enlace atoparedes actividades e xogos para traballar a linguaxe oral.

 

PASATEMPOS MATEMÁTICOS

Que vos parece pasar un ratiño "estruxando" o cerebro? Deixámosvos estas actividades para que fagades mates dun xeito divertido.

Empezamos por un ENCRUCILLADO para os maiores do cole no que teredes que aplicar os vosos coñecementos coas operacións. É moi sinxelo. Lede ben as instrucións e veña, a dalo todo!!!!

Se o que queredes é lembrar os NÚMEROS ROMANOS, velaí van dúas actividades...

                    

Ou podedes crear o voso propio tableiro para xogar. Estas son as instrucións.

Se queredes XOGOS DE LÓXICA, esta é a vosa páxina.

E, como non podía faltar, o SUDOKU que é un xogo xaponés que se inventou na década dos 70 do século pasado. Consiste en encher unha cuadrícula con números ou imaxes que non se deben repetir nin na mesma liña nin na mesma cuadrícula. Que vos parece xogar a estes de seis por seis. Como se fai? Lembrade que non se pode repetir nen o mesmo número nen a mesma imaxe na mesma liña nin no cadro.

 

Para os máis maiores

 

   

 

Para os máis pequenos temos estes de animais e flores.

 

      

Ou porque non probades con este SUDOKU PUZZLE?

 

A que estades a esperar??? Veña, A XOGAR!!!!!!!!

 

22 de ABRIL: Día do PLANETA TERRA

O día de hoxe celebramos o Día do Planeta Terra. Sabedes o que isto significa? Como influimos nós na súa saúde? Cal tería que ser o noso papel como "persoas humanas" e habitantes deste planeta? Que podemos facer para axudar ao noso planeta? 

E vós, cal pensades que é a historia dunha bolsa de plástico? Se pinchades na imaxe, podedes velo.

 

Ou se queredes ser expertos e expertas na reciclaxe, aquí están os Bolechas.

Entamu | Los Bolechas :: Asturies

A NATUREZA fálanos...

Carta de la Tierra - Wikipedia, la enciclopedia libre

 

A AUGA fálanos...

Descubierto un material más duradero para suprimir el mal olor y ...

 

A TERRA FÁLANOS, ESCOITÉMOLA!!!!

Propoñémosvos plantar a semente dun froito ( pode ser unha lentella, chía, cabaza...) nunha "maceta" feita con material de refugallo que teñamos pola casa (un vaso de iogur, unha lata, un brick de leite...). Coidarémola e esta será unha das maneiras coa que escoitaremos á Terra.

Semilleros  Zapatos convertidos en macetas para decorar | Plantas en botellas ...  Horto Escolar da Ensinanza: Actividades de marzo e abril   

 

Sorrisos da profe Mari Luz...

 

Ola xuliñ@s!!

Espero que esteades moi ben. Botásevos de menos.  

Quero axudarvos a enredar neste tempo na casiña. Anímosvos a que participedes nalgunhas das propostas que vos irei enviando. Lembrade SORRIR, SORRIR MOITO!!!!

 

E SE COMEZAMOS CUNHA CANCIÓN…?

 

 

Cando xa non sexamos aves enxauladas…

 

Para quen estades gardando bicos, cara quen correredes, a quen botades de menos…?

 

 

 

 

E SE DAMOS OUTRA UNHA VOLTIÑA POLO MUNDO?

COMO VOS VAI CO RETO DA VOLTA AO MUNDO? POIS IMOS DAR OUTRA VOLTIÑA... DENDE A CASA. 

AO PREMER NAS IMAXES, ATOPAREDES MAPAS PARA APRENDER PAÍSES, CAPITAIS, RELEVO... IDES PASALO MOI BEN!!!

Este é o billete para viaxar por España, Europa... por todo o mundo.

 E este é para quedar pretiño da casa: Galicia.

Bueno, se cadra, un pouco máis alá. Quen sabe...

 

Xogamos coas palabras

Para lembrar algunha cousiña que traballamos en lingua galega, podedes xogar a este PASAPALABRA recomendado para 4º, 5º e 6º de Primaria.

Podedes premer tanto na palabra como na imaxe para poder xogar. Ánimo!!!

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.
by Dr. Radut