Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Presentación do profesorado e alumnado

O alumnado das nosas aulas recibiu unha carta de Trotamundos, despois de viaxar todo o verán cando chegou atopouse unha sorpresa! E fíxonos chegar esta mensaxe:

 

 

Así luce a fachada da entrada á escola 

 

 

Todo o profesorado animámosvos a personalizar unha tapa dunha caixa de zapatos (tamaño neno/a), porlle unha pequena corda, fío ou tanza polo lateral que se vaia colgar e traela a escola antes do 2 de outubro.

 

 

VOLTA AO COLEXIO

Teatro: "A máquina do tempo"

O martes pasado o equipo docente de Educación Infantil tivemos a gran sorte de recibir o Premio do Certamen do Cooperativismo no Ensino da man de Farrah Lisa, subdirectora xeral de Economía Social. 

O traballo presentado podedes velo no seguinte vídeo: "O Clan dos superheroes e heroínas"

 

 
 
Todo o alumnado e profesorado puido gozar da obra "A máquina do tempo" a cargo da compañía Ghazafelhos, premio que recibimos polo recoñecemento do noso traballo. 
 
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Foi unha obra moi interactiva, didáctica e divertida. 
 
 
 
 
 
 
 

COMICATURA

Nesta terceira sesión de Lectura e Familias realizouse un obradoiro liderado por 4 alumnas de 6º de Primaria, na que compartiron as súas experiencias como caricaturistas con nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e as súas familias. Grazas a todos e todas pola vosa asistencia e participación. Sen o voso apoio non sería posible estas sesións.

Moitísimas grazas tanto a Mirta por animar ao seu alumnado a este tipo de iniciativas como a Emma, Iria, Jenni e Candela por animarse a liderar o obradoiro que o fixeron xenial.

PEQUETURONIA

Este ano o Pequeturonia consistiu nunha andaina ata o Espazo Fortaleza, alí bailamos con Nuria que nos deu unha sesión de Zumba moi divertida e animada. Aquí vos quedan unhas imaxes.

 

 

 
 
Tamén tivemos tempo para xogar no parque, merendar e tomar algo de Sandía e Melón para refrixerar, e baixar a temperatura. 
 
 
 

CLUB DE CICLISMO DO ROSAL

O pasado luns e martes tivemos a gran sorte de ter no colexio o Club de Ciclismo do Rosal. Montaron un circuito de habilidade para retar ao alumnado cos seus patinetes ou bicicletas. Tamén conseguiron que algún neno e nena se soltara a andar na bicicleta por primeira vez. Foi moi gratificante ver as caras de ilusión do noso alumnado.

  

Grazas ao club e a Ana que nos propuxo a actividade para o cole.

Festival Fin de Curso

O mércores 21 de xuño teremos o Festival, no que despediremos o curso e ao que estades todos convidados/as. 

Horario: comezaremos aproximadamente sobre ás 10:00h. e rematará arredor das 12:00h.  Lugar: A Carballeira 

 

O festival estará guiado polo alumnado de 6º de primaria, que serán os protagonistas desta xornada chea de actuacións. 

  

ORDE

CURSO

ACTUACIÓN

Educación Infantil

Mix: A saia da Carolina, Na Beira e Terra

1º e 4º EP

A Rianxeira

2º e 5º EP

O Galo

Muñeira

Coro

Sancristán

Canción e baile

Unha vez rematado o Festifolk e as familias abandonen o recinto, o alumnado, gozará dunha merenda saudable enmarcada no proxecto do Contrato-Programa Saúde e da actuación do Mago Rei Midas enmarcada no proxecto do Contrato-Programa Iguála-t.

O colexio colgará as fotografías do festival na páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippintorantonio/ dado que temos autorizaicón. Lembrade que non podedes publicar fotos doutros nenos e nenas pola lei de protección de datos, especialmente sensible cos menores de idade.

  

"Escola de mulleres" de Inma López Silva

O venres 9 de xuño foi a  habitual e última xuntanza do curso dos clubs de lectura do CPI Manuel Suárez Marquier, do IES Antón Alonso Ríos e o "Chocolate con libros" do CEIP Pintor Antonio Fernández .

A cita, na  biblioteca do noso cole.

A autora convidada, Inma López Silva con quen pasamos unha agradabilísima sesión falando da súa "Escola de mulleres".

Mulleres na biblioteca do cole falando doutra muller, Gloria.

Que teñades moi boas lecturas e ata o vindeiro curso!!!!!

 

 

Lectura e Familias

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut