Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

OS MAIOS

Xa chegou unha nova estación e para darlle a benvida á Primavera elaboramos uns maios e cantamos unha copla relacionada coa temática do proxecto anual. 

 

Grazas pola acollida

Este xoves 27 de abril inaugurouse a lareira da biblioteca enmarcada no proxecto "Lecturas e Familias" cun conto adicado a educación infanti e primeiro ciclo de primaria.  Queremos darvos as grazas por a boísima acollida que tivo. Esperamos contar con vos nas vindeiras sesións.

 

 

 

 

 Unha aperta do lobo.

Troco Solidario

Grazas a todos e todas ás persoas que puidestedes pasar polo posto do colexio para trocar alimentos por libros. Todo o recaudado será recollido pola asociación SOS Tomiño.

Aquí queda un pequeno vídeo dos días que estivemos na praza 

 

Mulleres que fixeron historia

Para conmemorar o Día da Muller fixemos unha selección de mulleres do ámbito da saúde e o benestar. Cada aula coñeceu un pouquiño da súa biografía para posteriormente grabala en audio. Finalmente o equipo Tics realizou a montaxe do vídeo quedando unha historia acumulativa de "Mulleres que fixeron historia".  

ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2023/24

PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO


PROCEDEMENTO

Para presentar unha solicitude poderá facelo de tres formas:

⓵ Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro a través da aplicación: AdmisionAlumnado.

⓶ Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

⓷ Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

 PRAZOS

Prazo de presentación de solicitudes: Do 1 ao 20 de marzo de 2023.

Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: 25 de abril.

Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: no  prazo de cinco días hábiles posteriores á resolución provisional.

Publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.

Formalización da matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.

 

 MODELOS PARA PRESENTAR A SOLICITUDE 

 


DOCUMENTOS DESCARGA
Solicitude de praza no centro do 1 ao 20 de marzo. DESCARGA O ANEXO II.   (GALEGO)
Solicitude de praza no centro do 1 ao 20 de marzo. DESCARGA O ANEXO II (CASTELÁN)
Nota informativa para as familias.
   

Datas Admisión de alumnado

Estimadas familias:

 

Informamos que o 22 de febreiro publicouse a listaxe do alumnado con posto reservado.

 

Asi mesmo, tamén recordamos que, se desexan renunciar a un posto reservado será necesario ter presentado un escrito de renuncia no centro docente ata o día  28 de febreiro de 2023 inclusive. 

 

Informamos que as solicitudes presentadas para 1º de primaria no período de reserva para o curso 23/24 quedan todas ADMITIDAS.

 

A partires do 1 de marzo e ata o 20 de marzo ábrese o prazo de admisión para o vindeiro curso 23/24.

 

VACANTES

 

Curso Prazas por curso Permanencias Nº Solicitudes reserva Nº solicitudes reserva asignadas Vacantes
4º Infantil 25 0 0 0 25
5º Infantil 25 15 0 0 10
6º Infantil 25 9 0 0 16
1º Primaria 25 10 4 4 11
2º Primaria 25 15 0 0 10
3º Primaria 25 21 0 0 4
4º Primaria  25 18 0 0 7
5º Primaria 25 17 0 0 8
6º Primaria 25 20 0 0 5

 

Na aula de 4º de Infantil e en 1º de Educación primaria quedan reservadas 3 prazas para alumnado con necesidades educativas 

 

 

 

 

Verbalizando a Rosalía

Para homenaxear a Rosalía de Castro entre todo o profesorado e alumnado empregamos o poema Adiós ríos, adiós fontes para crear este fermoso vídeo.

 Rosalía de Castro, la dama de la literatura gallega

 

 

Entroido

Comezamos o día rematando os últimos retoques para saír a rúa, fixemos o percorrido previsto ata voltar a escola.

 
Unha vez alí, a AFA convidou a todo o alumnado e profesorado a chocolate quente con bizcoito. Mil grazas.
 
  
 
 
 
 
  
 
 
 
Deserxarvos dende todo o equipo do CEIP Pintor Antonio Fernández que vivades e desfrutedes do Entroido ao máximo. Vémonos a volta.
 
 
 
Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut