O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.
Os obxectivos deste programa son:
1.Favorecer o intercambio de boas prácticas e a innovación educativa entre os docentes e os centros educativos participantes.
2.Facilitar ao profesorado e aos membros dos equipos directivos a posibilidade de observar de forma directa outras metodoloxías, enfoques didácticos ou modelos de organización.
3.Potenciar o traballo conxunto entre os centros educativos
O CEIP Pintor Antonio Fernández participa neste proxecto co centro emparellado CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro de Cambados.
O pasado 15 de marzo o profesorado do noso centro foi de visita ao CEIP Enrique Barreiro Piñeiro para coñecer as súas intalacións, observar o desenvolvemento das sesións de ensino-aprendizaxe, así como realizar unha reflexión conxunta sobre as impresións xeradas ao longo deste proceso de observación.
Profesorado de ambos colexios.
Agasallo de benvida.
Na primeira semana de abril, o CEIP Pintor Antonio Fernández recibiu as persoas observadoras de Cambados, visionaron a dinámica do centro, coñeceron as súas instalacións e a contorna, participaron en dinámicas cooperativas entre o profesorado, vivenciaron a intervención da orientadora, e a experimentaron obradoiros internivelares e a libre circulación na Educación Infantil.
Seguindo o mesmo esquema que na outra visita, pola tarde, reflexionouse sobre o observado e propuséronse melloras aos aspectos mencionados.