Skip to Content

MENÚ DE FEBREIRO

NOVAS INSTRUCIÓNS COVID

VISITA AO CENTRO DE DÍA E A RESIDENCIA DE MAIORES

 Este Nadal quixemos facer algo diferente, coas persoas que máis o precisan.

Neses días, recibir as mensaxes dos máis cativos do centro e as súas creacións en forma de postais con mensaxes foi o mellor agasallo para eles.

Tratouse dunha actividade complementaria baseada no aprendizaxe e servizo. A través dela iniciamos aos pequenos a sentir, transmitir e compartir experiencias inesquecibles.

Outro ano máis na distancia, aínda que en canto se poida será presencial.

Dende o noso centro tratamos a través de iniciativas coma esta, unir as aprendizaxes co compromiso social

Aprendemos facendo un servizo á comunidade.

Queremos que desta práctica solidaria saían outras iniciativas nesta liña.

 

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estimadas familias,

Dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2022, estará aberto o prazo para a reserva de praza do alumnado de 6º de primaria para o vindeiro curso no centro de adscrición (IES FERRO COUSELO).

As familias poderán cumprimentar a solicitude de reserva:

Presentación da solicitude:

Unha vez cuberta a solicitude de reserva:

-Se a cumprimentaron a través da aplicación de admisión de alumnado poden optar por:

  • Imprimir o anexo e entregalo no centro educativo no que está matriculado o alumnado.

  • Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica

-Se a cumprimentaron en papel deben entregala no centro educativo no que está matriculado o alumnado.

 

IMPORTANTE:

**No caso de non presentar a solicitude en prazo (ata o 8 de febreiro) perderase o dereito á reserva de praza

FELICES FESTAS

A Comunidade Educativa do CEIP PLurilingüe O Ruxidoiro desexavos unhas felices festas.

Vémonos no 2022!

 Premede na imaxe para ver o video:

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSONAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe celebramos no cole O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

A discapacidade enténdese na interacción que se produce entre as persoas e o entorno. ELIMINEMOS as barreiras! PROPORCIONEMOS capacidade!

 

Realizamos diferentes actividades como visionados de videos, coloquios no club de lectura,genially e cantamos unha canción.

 

 

 

OBRADOIROS NO RUXIDOIRO

DEBIDO Á SITUACIÓN CRÍTICA QUE ESTAMOS A VIVIR NO CONCELLO DE BARBADÁS, QUEDAN SUSPENDIDOS ATA NOVO AVISO OS OBRADOIROS.

DESCULPADE AS MOLESTIAS E GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.

ESPERAMOS PODER CELEBRALOS PRONTO.

 

 

O vindeiro martes 30 de novembro de 17:00 a 18:30h, terá lugar no centro o OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS, organizados pola ANPA coa colaboración da Escola de Pais e Nais do Concello de Barbadás.

Dende hoxe ata o luns podedes anotarvos, para controlar o aforo, no correo electrónico do centro: ceip.oruxidoiro@edu.xunta.gal (no correo tedes que por o nome e apelidos dos asistentes).

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO CURSO 2021

 

Achegamos información do procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado para este curso 2021-22.

 Igual que o curso pasado, o alumnado beneficiario da axuda de material escolar neste curso, NON ten que presentar a solicitude, pois xa se consideran beneficiarios das máscaras.

 Información procedemento

 Solicitude

Distribuir contenido


by Dr. Radut