Skip to Content

VISITA AO CENTRO DE DÍA E A RESIDENCIA DE MAIORES

 Este Nadal quixemos facer algo diferente, coas persoas que máis o precisan.

Neses días, recibir as mensaxes dos máis cativos do centro e as súas creacións en forma de postais con mensaxes foi o mellor agasallo para eles.

Tratouse dunha actividade complementaria baseada no aprendizaxe e servizo. A través dela iniciamos aos pequenos a sentir, transmitir e compartir experiencias inesquecibles.

Outro ano máis na distancia, aínda que en canto se poida será presencial.

Dende o noso centro tratamos a través de iniciativas coma esta, unir as aprendizaxes co compromiso social

Aprendemos facendo un servizo á comunidade.

Queremos que desta práctica solidaria saían outras iniciativas nesta liña.

 



contido | by Dr. Radut