RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN
Estimadas familias,
Dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2022, estará aberto o prazo para a reserva de praza do alumnado de 6º de primaria para o vindeiro curso no centro de adscrición (IES FERRO COUSELO).
As familias poderán cumprimentar a solicitude de reserva:
-
de xeito manual (ANEXO 550A) ou
-
a través da aplicación admisión alumnado (Solicitudes - Reserva - Crear)
Presentación da solicitude:
Unha vez cuberta a solicitude de reserva:
-Se a cumprimentaron a través da aplicación de admisión de alumnado poden optar por:
-
Imprimir o anexo e entregalo no centro educativo no que está matriculado o alumnado.
-
Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica
-Se a cumprimentaron en papel deben entregala no centro educativo no que está matriculado o alumnado.
IMPORTANTE:
**No caso de non presentar a solicitude en prazo (ata o 8 de febreiro) perderase o dereito á reserva de praza
Adjunto | Tamaño |
---|---|
SOLICITUDE RESERVA DE PRAZA.pdf | 1.33 MB |