Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023

 A partir do 1 de marzo comeza o prazo para realizar a solicitude de praza para o vindeiro curso.

 

INSTRUCIÓNS

 

- PRAZO DE PRESENTACIÓN: 1 ao 21 de marzo de 2021, ambos incluídos.

 

- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude segundo o Anexo II.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a(fotocopia do dni do alumno/a ou fotocopia do libro de familia)
  • Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

 

- LUGAR DE PRESENTACIÓN:

 1.- A través da aplicación admisionalumnado

 2.- Na secretaría do centro

 A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

 

 

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN

 -  Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL

 - Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día   seguinte ao da publicación.

 - Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO

 - Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO

IMPORTANTE: A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través da aplicación web admisionalumnado os interesados

 

 

"CAMPAÑA COME LOCAL"

O noso centro é un dos centros que participan este ano na campaña COME LOCAL:

Unha campaña ,que promove a Consellería de Medio Rural a través da Axencia Galega de Calidade

Alimentaria, centrada na promoción do consumo de produto galego de calidade certificada e de

proximidade entre o alumnado da nosa Comunidade.

 

 

 

 

 

 

PRAZAS VACANTES CURSO 2022-2023

PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO 2022

SEGUNDA ENTREVISTA DO MES

Nesta ocasión entrevistamos ao noso Auxiliar de Conversa MATT:

 

MANDADOS DO MECO 2022

PORTAS ABERTAS 2022-VEN A COÑECERNOS

Xornadas de Portas Abertas

Animádevos a vir e coñecernos!!

PORTAS ABERTAS 2022

UN ANO MÁIS AS NOSAS PORTAS ESTÁN ABERTAS...

ENTREVISTA DO MES

ENTREVISTA AO NOSO CONSERXE FRAN , peza indispensable do centro.

Distribuir contenido


by Dr. Radut