Skip to Content

MATRÍCULA CURSO 2022-2023

Do 20 ao 30 de xuño, estará aberto o prazo para formalizar a matrícula do novo alumnado

 

LEDICIA COSTAS NA RUXI RADIO

 

O pasado venres 10 de xuño recibimos con gran ilusión a visita de Ledicia Costas. A autora de "Conexión Macarrón", "Os Minimortos", "A señorita Bubble", "Escarlatina, a cociñeira defunta", "Infamia"... e tantas e tantas outras, estivo no Ruxidoiro.

O alumnado de 6º aproveitou para facerlle unha entrevista na Ruxiradio.

Encantados de recibirte Ledicia! Ata a próxima!

       

            

 

LEDICIA COSTAS

 O venres 10 de xuño tivemos a inmensa a “ledicia” de recibir a Ledicia Costas, a autora máis lida en todos os colexios de Galicia.

Estivemos moito tempo agardando que viñera ó noso cole xa que a súa axenda está moi completa.

Ao fin, o venres botou a mañá con nós. Alumnado e profesorado abraiounos coa súa proximidade e sinxeleza, quedamos todos encantados coa visita de Ledicia.

Dende a biblioteca non podímos imaxinar mellor acticidade para dar por rematado o curso escolar e así pechar a biblioteca ata setembro.

 


 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2022

A continuación tedes os enlaces ás distintas actuacións do Festival das Letras Galegas 2022:

Presentación

3º ED. PRIMARIA

4º ED. PRIMARIA

5º ED. PRIMARIA A

5º ED. PRIMARIA B

6º ED. PRIMARIA

 

CONCERTO DIDÁCTICO

O martes 31 de maio a ESCOLA DE MÚSICA DE BARBADÁS, realizou un concerto didáctico para o alumnado de 4º,5º e 6º de ED. Primaria.

 

 

MENÚ DE XUÑO

GRADUACIÓNS 2021-2022

CONVOCATORIAS BECAS NEAE 22-23

O 18 de maio publicouse no BOE a convocatoria das Becas para o Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo para o vindeiro curso 2022-2023.

Achegamos información no seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

CAMPAÑA COME LOCAL

O venres 13 de maio, coa CAMPAÑA COME LOCAL, degustamos QUEIXO ARZÚA ULLOA, que acompañamos cun anaco de pan.

 

FONDO LIBROS CURSO 2023-2024

FONDO LIBROS E AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR para o curso 2023-2024

O sábado 20 de maio de 2023 publicouse no DOG a Orde da convocatoria de fondo libros, axudas para libros e material escolar.

1.-FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: pode solicitalo o alumnado que vaia cursar 3ºe 4º de educación primaria (curso 2023-2024)

- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 LIBROS

- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 4 LIBROS

- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%. 6 LIBROS, con independencia da renda.

2.- AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: pode solicitaloo alumnado que vaia cursar 1º e 2º de educación primaria(curso 2023-2024)

-  Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €

-  Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €

- Alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 300 € con independencia da renda.

-  Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda.

 
3.- AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Todo o alumnado de primaria (curso 2023-2024)

-  Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: 75 €

-  Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €

- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 75 €, con independencia da renda.

IMPORTANTE: O alumnado de 5º e 6º de primaria está excluído da participación no fondo de libros pola súa participación no proxecto E-DIXGAL, pero SI teñen dereito á axuda para adquirir material escolar.

 

*Información para o cálculo da renda pér capita da unidade familiar

 

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

PRAZODE PRESENTACIÓN DO20/05/2023 ao 21/06/2023incluídos

Preferiblemente,por vía electrónica mediante a sede electrónica da Xunta, cumprimentando o formulario dispoñible na aplicación FONDOLIBROS (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) e despois asinando e presentando a solicitude a través da Sede (é necesario escanar e presentar tamén o anexo II)

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes PRESENCIALMENTE en horario lectivo

ou tamén se poderán enviar POR CORREO ELECTRÓNICO ao correo do centro ceip.oruxidoiro@edu.xunta.gal (A solicitude ten que estar ANEXADA COMO PDF non valen fotografías).

 DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

Unha única solicitude para todo o alumnado do mesmo centro docente,agás na presentacióntelemáticana que será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a:

a)  

Anexo I

b) 

Anexo II - Autorización dos membros da unidade familiar distintos do solicitante.No caso da presentación pola Sede electrónica, este anexo unha vez cuberto deberásubirse a sede.

c) 

Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

d) En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

e) 

Certificado do grao de discapacidade.

f) 

Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar,en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

g) 

Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

h) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

i)  

Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut