Skip to Content

Día do aforro enerxético

Campaña de Reciclaxe de roupa e calzado

Dende a ANPA e o Centro queremos promover unha iniciativa solidaria para a reciclaxe de roupa e calzado de inverno para doar á veciñanza. 

O centro participa no Proxecto Innova de EduSostenibilidade onde traballamos algúns dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 20-30. O obxectivo desta campaña é transmitir que cada vez que reciclamos, estamos facendo que todo sexa circular, coidando o medioambiente e contribuindo a que o mundo poida seguir xirando.

Se queredes colaborar traede entre o luns 17 de outubro e o 28 de outubro roupa e calzado nunha bolsa e deixádea na conserxería do centro. 

Grazas pola vosa solidariedade e colaboración.

Apertura da Bibilioteca

 
 
A partir do día 10 de outubro a biblioteca do centro abrirase para préstamos, devolucións, consultas, xogos...
 
Para as familias abrirase mediante cita previa ao correo da biblio, bibliotecaoruxidoiro@gmail.com  os luns, martes e xoves de 16 a 17h.

MENÚ DE OUTUBRO

Semana Europea da Mobilidade

Calendario escolar 2022-23

 

 

 

Actividades Extraescolares Curso 2022-23 ANPA

Actividades extraescolares curso 2022-23 Concello

 

Aquel alumnado que precise do servizo de Gardería antes da actividade extraescolar por ser transportado, o horario será de 15:15 a 16:30.

 

Estamos de Volta!

Xa estamos de volta! 

O horario do colexio é de 09:15 a 14:15

ENTRADA:

As cancelas do centro abren ás 09:10

- O alumnado de 6º, 2º e 1º de primaria forman as filas na porta principal.

- O alumnado de 5º, 4º e 3º de primaria forman as filas na porta lateral

( protección civil)

- O alumando de infantil forma as filas na porta de infantil.

 

Ás 09:15 sona o timbre e entran en orde.

 

SAÍDA:

- Ás 14:10 sairá o alumnado de 4º e 5º educación infantil pola porta de infantil.

- Ás 14:15 saen o alumnado de 6º de infantil pola porta de infantil.

 

 Ás 14:15 sairá educación primaria:

- O alumnado de 1º, 2º e 6º de primaria pola porta principal.

- O alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria pola porta lateral. 

Coma sempre agradecer a vosa colaboración!!!!

 

 

 

MENÚ DE SETEMBRO

Distribuir contenido


by Dr. Radut