Skip to Content

Campaña de Reciclaxe de roupa e calzado

Dende a ANPA e o Centro queremos promover unha iniciativa solidaria para a reciclaxe de roupa e calzado de inverno para doar á veciñanza. 

O centro participa no Proxecto Innova de EduSostenibilidade onde traballamos algúns dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 20-30. O obxectivo desta campaña é transmitir que cada vez que reciclamos, estamos facendo que todo sexa circular, coidando o medioambiente e contribuindo a que o mundo poida seguir xirando.

Se queredes colaborar traede entre o luns 17 de outubro e o 28 de outubro roupa e calzado nunha bolsa e deixádea na conserxería do centro. 

Grazas pola vosa solidariedade e colaboración.



contido | by Dr. Radut