Skip to Content

PAN CON ACEITE

A semana pasada degustamos no colexio Pan de Cea con aceite (que xentilmente nos cedeu aceites Abril).

Estas semanas seguiremos degustando outros produtos coa campaña "Come Local" na que o noso centro participa, e  pronto lle engadiremos os produtos do noso horto (tomates. leitugas...), co que conseguiremos mellorar a sostibilidade e a saúde de todos.

 

 

MENÚ DE MAIO

COME LOCAL, COME SAN!

Come Local, Come San!

Comenzamos coa Campaña Come Local: Pan de Cea e como non podía ser de outra maneira acompañado de aceite de oliva. 

Agradecemos o agasallo de Aceites Abril en especial a colaboración dun pai. 

No seguinte link no min 23 podedes ver a visita da TVG a nosa escola. 

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-5616341?t=1418#:~:text...

EGG HUNT 2022

EASTER EGG HUNT!!!

 

 

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O 2 de abril celebrouse o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, e o alumnado de 6º de Ed. Primaria deixou a súa pegada nun dos muros do centro.


OBRADOIRO DE "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS"

A semana pasada visitáronnos no colexio o equipo de "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS" e realizamos un obradoiro no que aprendemos primeiros auxilios.

"Bookface" dende a Biblioteca

Dende a Biblioteca do Ruxidoiro animámosvos a poñer a proba a vosa creatividade participando nunha actividade de Bookface creando imaxes enxeñosas xogando coa nosa cara, mans, corpo ou roupa e a imaxe dunha portada dun libro, unha forma divertida de achegarse aos libros e á biblioteca e utilizar as redes sociais para difundir a literatura.

Atréveste a mandarnos o teu "Bookface"?

Podes enviarnos as fotografías antes do 25 de abril por correo electrónico a: bibliotecaoruxidoiro@gmail.com

Con todas as vosas achegas editaremos un vídeo e subirémolo ao blog da biblioteca e a web do colexio.


American Culture

Hecho con Padlet

Novidades: xa temos o noso logo

 

XA TEMOS LOGOTIPO PARA A NOSA RADIO ESCOLAR

As nenas e os nenos da nosa escola imaxinaron e crearon un logotipo que identifica a nosa radio...
A final foi moi emocionante e competida ata o último voto, pero so podía haber un debuxo gañador!

 Despois do concurso para seleccionar o logo da nosa Radio escolar, aquí temos aos  finalistas e a gañadora co logo que representará a nosa Radio.

Parabéns a todos e todas!

 

Celebrando a diversidade!

Para concienciar sobre a diversidade e apostar pola inclusión no día de onte puxémonos calcetíns desparellos :

Distribuir contenido


by Dr. Radut