Skip to Content

                              

Educ. documental

Base de datos de Unidades didácticas

Se premedes na imaxe da esquerda, entraredes na nosa aula virtual, onde están colocadas todas aquelas unidades didácticas que temos realizado desde os equipos de biblioteca e EDL sobre as distintas celebracións que traballamos no colexio ao longo do curso.

Para poder acceder ás unidades didáticas deberás entrar como convidado.

 

 

 

2012: Valentín Paz Andrade

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade .

 "Valentín Paz Andrade distinguiuse dende moi novo como xornalista, dirixindo durante cinco anos o xornal Galicia e colaborando en diferentes medios de prensa galegos e madrileños. Ten destacado tamén no campo xurídico relacionado co mundo da pesca, sendo autor de varios libros sobre esta materia. Deuse a coñecer como poeta con Pranto Matricial, adicado a Castelao. Posteriormente publicou Sementeira do Vento e Cen Chaves de sombra. ."

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Valentín Paz Andrade:

2011: Lois Pereiro

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Lois Pereiro.

"Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos en febreiro de 1958, está considerado un mito da poesía galega contemporánea. Formou parte do denominado Grupo de Amor e Desamor, un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mato Fondo, Xavier Seoane, Fenán-Vello... A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos."

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Uxío Novoneyra:

Os oficios da comarca de Boborás

Neste libro pretendemos realizar unha compilación de información sobre os principais oficios nos que traballaban os nosos antepasados e que a maioría deles agora están estinguidos o se fan de xeito moi diferente.

 

 

 

 

 

Rosalía de Castro

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.

Rosalía naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e morreu en Padrón o 15 de xullo de 1885 á idade de 48 anos.

Nos seus primeiros anos vivíu nas vilas rurais de Ortoño e Padrón.A Rosalía, na escola, gustábanlle moito o debuxo, a música e recitar. 

Con 19 anos trasládase a Madrid e alí casou cun xornalista galego chamado Manuel Martínez Murguía. Con el tivo seis fillos. 

Viviu en moitos lugares debido á profesión do seu marido: Madrid, Lugo, Simancas, a Coruña, Santiago, Lestrobe, Estremadura, Alacant…

Rosalía de Castro foi poetisa e novelista en lingua galega e castelá. Foi a escritora máis importante do Rexurdimento da literatura galega no século XIX. Foi a autora de "Cantares galegos" (1863),  un dos primeiros libros enteiramente escrito en galego da Idade Contemporánea. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase por ser a data de edición da súa obra Cantares galegos.

Caza do tesouro sobre o entroido

Caza do tesouro para pescudar información sobre a celebración do entroido en Galiza.

Día das Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Uxío Novoneyra .

 "Poeta do Courel, é a representación máis xenuína da denominada Segunda Xeración de Posguerra, que agrupou, na década dos cincuenta, a autores de significada tendencia galeguista. A súa poesía foi evolucionando ao longo do tempo enmarcándose, parte dela, na denominada “poesía da terra”, sendo o seu ciclo de poemas coureláns auténticos documentos dun gran valor cultural e antropolóxico."

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Uxío Novoneyra:

Formación de usuarios

Tríptico de normas de usoElaboramos o seguinte  tríptico para informar aos alumnos da nova organizacíón dos fondos da biblioteca e das normas e uso da mesma.

 

O ano 2009 está dedicado a Ramón Piñeiro

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Ramón Piñeiro.  Naceu en Láncara, provincia de Lugo, no ano 1915 e finou en Santiago de Compostela no ano 1990.

Compaxinou a faceta de intelectual coa de político galeguista, sendo unha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX.

A súa obra non é extensa e trata sobre temas filosóficos e lingüísticos relacionados coa normalización do galego .

Participou na fundación das editoriais Galaxia e Grial, e na posta en marcha da revista Mocidade Galeguista.

Aquí iremos colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Ramón Piñeiro:

   

Distribuir contido


by Dr. Radut