Skip to Content

                              

Educ. documental

Carreira de orientación no cole

O mércores 11 de xuño, como actividade final do traballo documental que realizamos sobre as árbores do noso patio, organizamos unha carreira de orientación con 12 puntos de control nos que o alumnado, repartido en grupos, ía buscando pistas para resolver un enigma que resultou ser a seguinte frase "Facer exercicio físico é bo para o noso corpo e para a nosa mente".

A verdade é que esta resultou ser unha actividade na que todo  o alumnado o pasou xenial, ao tempo que foi coñecendo as características das diferentes especies arbóreas que temos no noso colexio.

As árbores do noso xardín

Imos pescudar información sobre as árbores do noso xardín. Os pasos a seguir serán os seguintes:

Para cumprimentar a ficha podedes utilizar a web de InfoXardín.


Plano para localizar ás distintas árbores:

Pescudamos sobre Adolfo Suárez

Como ben sabedes o 23 de marzo de 2014 finou Adolfo Suárez, primeiro Presidente da Democracia española. Imos pexcudar información sobre a súa vida e a importancia que tivo para a nosa. Para elo, deberedes realizar un traballo de documentación que teña o esquema que aparece máis abaixo, e que podedes atopar na wikipedia.

O traballo realizado deberá ser presentado en folios brancos coas normas de presentación establecidas en clase. A valoración do mesmo atoparédela dentro do Tema 15 de Coñecemento do Medio.

O entroido en Galiza

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.

Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galiza. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.

Agrupación deportiva Arenteiro

Imos a pescudar información en internet e na biblioteca sobre os concellos onde viven os nosos compañeiros dos colexios cos que imos a competir no programa Xogade da Consellería de Cultura e Educación.
A información que elaboremos reflictirémola na WIKI do noso aula virtual.

 Completaremos a WIKI con información sobre as destintas competicións nas que imos a participar.

 

 

Recursos educativos para celebrar o magosto

Neste libro recollemos aquelas actividades e recursos que nos poden ser de utilidade para a celebración do magosto no noso cole.

Pescudamos sobre a celebración do magosto

Ao longo do mes de novembro celébrase en moitas localidades de Galiza a festa do magosto. Nós no cole celebrarémolo o martes 12 de novembro.

Imos pescudar un pouco de información sobre a celebración desta festa. Para elo realizaredes as seguintes actividades:

 

 

Compilación de recursos

2013 Roberto Vidal Bolaño

O Día das Letras Galegas do ano 2013 está adicado a Roberto Vidal Bolaño.

"Roberto Vidal Bolaño é un dos promotores do teatro profesional en Galicia. Foi un activo defensor da normalización lingüística na escena galega. Integrante do Grupo Abrente, participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor, escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios". 

Texto elaborado polo Seminario Galán

 

 

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro Mora naceu en Mondoñedo en 1911. Estudou Bacharelato en Lugo e  despois Filosofía e Letras en Compostela. Promoveu a aparición de varias publicacións (Papel de color, Galiza, Editorial Un...) inseridas no ambiente vangardista da época.

Exerceu de mestre en Santa Marta de Ortigueira e de periodista en Vigo, Donostia e Madrid. Ingresou na Real Academia Galega en 1961, ano en que fixou a súa residencia na cidade olívica para traballar no xornal Faro de Vigo.

Entre as súas novelas destacan Merlín e familia e outras historias (1955), As crónicas do Sochantre (1956) e Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961) e libros de relatos como Xente de aquí e de acolá (1971). O seu extraordinario testamento poético ficou recollido baixo o título de Herba aquí ou acolá (1980).

Distribuir contido


by Dr. Radut