Skip to Content

                              

Día da Paz

30 XANEIRO: DÍA DA PAZ

Para conmemorar o día da Paz fixemos un mural xigante, no que a base estaba toda feita con planchas de cartón recicladas de material que chegou ao colexio. Tamén aproveitamos as tapas de bebibles para facer o sol e as garrafas de auga para facer as macetas.

 

DÍA MUNDIAL DA PAZ 2019

Aquí vos deixamos fotos e vídeo da nosa celebración polo Día Mundial da Paz deste curso:

FOTOS DÍA MUNDIAL DA PAZ

BAILE DÍA MUNDIAL DA PAZ

Día da Paz e non Violencia 2014

Durante a semana do 30 de xaneiro realizamos no centro diversas actividades encamiñadas a conmemorar o Día da Paz e non violencia, tendo presentes que a Paz non é "cousa" dun só día xa que debe estar presente nas nosas actuacións ao longo de todo o ano.

Na seguinte galería de imaxes podedes observar aos verdadeiros protagonistas desta conmemoración.

MANIFESTO POLA PAZ DE ED. INFANTIL

"CAMPÁS POLA PAZ" INTERPRETADA POR 1º CICLO DE ED. PRIMARIA

MANIFESTO POLA PAZ DE 2º CICLO DE ED. PRIMARIA

CONSELLOS DE FACUNDO

 

"LIGHT A CANDLE FOR PEACE"

LOS NIÑOS QUEREMOS LA PAZ

COLOR ESPERANZA

GUERRA DE GLOBOS

 

Murais

 Este son os murais que realizamos entre todos os alumnos e alumnas do colexio durante a semana do Día da Paz e non Violencia.

 

     
 

 

     
 
     

Recursos para o Día da Paz e non Violencia

Día da PazNeste libro pretendemos facer unha compilación daqueles recursos educativos que realizamos no noso centro ou que realizaron mestres doutros centros.

Día da Paz e non Violencia 2013

O xoves 31 de xaneiro celebramos o Día da Paz e non Violencia, cun día de retraso respecto á data oficial, pero con igual intensidade que se fose o propio día.

Foron moitas as actividades que realizamos durante a semana para conmemorar esta data, sen esquecernos en ningunha delas de que a mensaxe de Paz e non Violencia debe estar presente en todos e todas nós os 365 días do ano.

Día da Paz 2012

O martes, 31 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da Paz e Non Violencia coa realización de múltiples actividades que foron desenvolvidas ao longo da semana previa a esta data.

Este ano, a actividade estrela foi a interpretación dunha versión moi peculiar do baile de moda en todo o mundo, orixinal de Michel Teló e titulado "Ai, se eu te pego". Nós titulámolo "Ai, eu non pego!".

Nas seguintes ligazóns podedes ver o resumo das actividades realizadas:

  • Reportaxe fotográfica

Video do baile

 

Video coas actividades do Día da Paz e non Violencia

Día da Paz 2011

O martes 1 de febreiro celebramos no centro o Día da Paz e non violencia. Durante a semana anterior realizamos no aula diferentes actividades para conmemorar a data da morte de Gandhi.


Como remate da festa fixemos unha sesión de xogos colaborativos no patio do colexio onde os cativos disfrutaron moitísimo...Tamén recitamos varios poemas no patio sobre a Paz e xogamos con globos. Ao final realizamos entre todos un gran mural nas paredes do patio, en tempera, sobre a Paz.


 


Ver reportaxe fotográfica Imaxes da actividade

Día da Paz 2010

Día da Paz 

O venres 29 de Xaneiro celebramos no centro o “Día da Paz e da non violencia”. Durante toda a semana estivemos preparando actividades relacionadas co tema en cuestión, converténdonos así nun instrumento de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. As accións foron diversas: recitamos poemas, pintamos pombas, fixemos xogos, adornamos as nosas cabezas con gorras de Paz…

O que tentamos con todo isto non é outra cousa que a concienciación de todos e todas na construción dun mundo mellor, máis xusto e máis humano.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Día da Paz 2009

 Celebración do Día da Paz  O venres 30 de xaneiro conmemoramos no noso centro o Día da Paz e non Violencia. Ao longo de toda a semana realizamos no aula diversas actividades sobre a Paz, pero foi o venres cando todos os alumnos e alumnas realizamos actividades en conxunto, entre as que destacamos: xogos cooperativos co paracaidas,  confección de dous murais, en grupo, sobre a Paz, recitaxe dos poemas "Se equicocó la paloma" e "Sólo tres letras"
  Para ver máis imaxes sobre esta conmemoración preme en
   
Distribuir contido


by Dr. Radut