Este ano para conmmeorar o 8M decidimos relacionalo coa temática das Bibliotecas Escolares deste curso: a banda deseñada.
Así elaboramos 2 plantillas para que o noso alumnado debuxase á súa "super heroína" particular, e describise os seus "super poderes", porque non todas as superheroínas levan "capa".
Tamén fixemos unha pequena escolma de libros relacionados coa temática para expoñer na entrada do centro.
Unha vez debuxadas e descritas as superheroínas do noso alumnado , fixemos unha pequena exposición coas creacións para que todo o alumnado do centro puidese velas.
No terceiro ciclo ademais, fixeron cartaces con nubes de palabras con nomes de mulleres importantes para eles e elas...
Dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca lanzamos unha proposta co gallo do 8M : que o alumnado de 3º de ED. Primaria en adiante entrevistase a unha muller importante na súa vida (ALFIN/AMI )
Xa fose mediante o uso da tecnoloxía: audio ou vídeo ou en modo "escrita" ( máis tradicional)
Mulleres importantes nas súas vidas, e residentes en Boborás.
O primeiro , queremos dar as grazas a todas as mulleres que "aceptaron o reto" de seren entrevistadas, fose no formato que fose. Polo seu tempo e bo facer.
GRAZAS A TODAS.
Para comezar, deixámosvos aquí a entrevista que Aixa, da clase de 5º, lle fixo a súa avoa Pilar:
A continuación deixámosvos a entrevista que Aroa da clase de 3º , lle fixo á súa nai: Patricia Torres ( que é a alcaldesa do noso Concello)
Entrevista a Maica, nai de Mauro, Ángel e Daniel.
Entrevista a Rosa, curmá de Mateo da clase de 5º.
Entrevista a Mª del Carmen, nai de Sofía da clase de 6º
A continuación unha pequena presentación en "Canva" das entrevistas realizadas polo alumnado de 5º de ED. Primaria.
Deixámosvos tamén un DOCUMENTO coas entrevistas realizadas ao xeito tradicional: manuscritas e algunhas máis manuscritas ( ou "mecanografiadas") e as derradeiras entrevistas manuscritas , dende a clase de 3º de Primaria Premede nas palabras suliñadas para poder acceder a elas.
(Se premedes no titulo de cada un, accederedes a súa ficha técnica)
Para os outros 2 grupos, ademais de contarlles os contos dun xeito engaiolante, fixeron unha serie de actividades moi dinámicas, para pensar e reflexionar sobre as nosas actitudes.
Foi unha actividade moi completa e interesante, e agradecemos tanto á Mancomunidade coma a magnífica contadora de contos Uxía Morán, este obradoiro.
Aquí deixamos unhas poucas fotos do evento , que se desenvolveu no patio exterior do centro.
Outra das actividades desenvolvidas no 8M foi este LIP DUB realizado polo alumnado de quinto e sexto de primaria, en colaboración coas titoras e os profes Jose e Rubén.
O primeiro foi traballar a letra da canción , que deu moito que falar, e un debate sobre se aínda hai cousas nas que non somos iguais homes e mulleres, e reflexións sobre a concepción do corpo masculino e feminino socialmente.
Posteriormente pediuse a colaboración das familias para que aportasen ( quen quixese) unha fotografía das súas nais, xa que eran o obxecto de homenaxe neste proxecto e despois de todo este traballo previo, na semana do 8M fíxose a gravación do mesmo.
Dende a biblioteca propúxose unha pequena escolma de libros para conmemorar esta data.
Tamén se propuxo a elaboración dun pequeno texto, reflexivo, sobre "a muller máis importante nas súas vidas", a lonxitude do mesmo adaptada ás distintas idades do noso alumnado. Para as e os máis pequenos a proposta foi gráfica.
Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e explicación de porqué estas mulleres ( na maioría a muller elexida foi a súa nai) son importantes para eles e para elas.
Para compartilas con toda a comunidade educativa, colgáronse na entrada do centro e acceso á nosa biblioteca escolar.
Quedan 2 actividades pendientes para conmemorar esta data: o alumnado de quinto e sexto está preparando un "lip dub" para homenaxear ás súas proxenitoras e a vindeira semana , e grazas á Mancomunidade de concellos do Carballiño teremos un contacontos sobre a temática.
Seguiremos informando...
AMPLIACIÓN:
-Xa está dispoñible o LIP DUB elaborado polo alumnado de quinto e sexto de ED. Primaria : premede no título para acceder ao artigo sobre o mesmo: "AY, MAMÁ"
E aquí temos a estrea do noso RAP de mulleres científicas galegas.
Comezamos esta andaina preparando os nosos "LAPS BOOKS" para o mes da ciencia en galego, novembro.
De cara ao 11 F: Día da muller e a nena na ciencia, e en vista de que a maioría das nosas eleccións foran mulleres, pensamos en facer un rap con todas elas.
E despois dun mes de duro traballo, de elexir a letra, de ensaiar , por fin chegou o momento da gravación.
Queremos agradecerlle ao noso mestre de música, David o seu esforzo e traballo para organizar esta actividade, ensaiar e facer este magnífico vídeo que vos presentamos a continuación.
Grazas tamén a todo o profesorado e alumnado que participaron con gran entusiasmo nesta actividade.