Skip to Content

                              

Convivencia

ANDAINA A MOLDES

O 21 de xuño, todo o alumnado do centro xunto cos mestres e varias familias que se animaron, fíxose unha  andaina a Moldes para despedir o curso escolar. Esta saída contou cunha visita ao Pazo Tizón por parte do alumnado de 2º ciclo de primaria e outra visita á casa de Antón Losada Diéguez, polo alumnado de 3º ciclo. Despois fixéronse xogos ao aire libre e houbo momento de ocio. O ciclo de educación infantil, voltou en autobús e o resto fíxoo camiñando de volta cara o centro. Unha vez alí tivo lugar a entrega de notas nas distintas titorías e o xantar no comedor.

CONVIVENCIA INTERCENTROS

O 25 de abril retomouse a Xornada de Convivencia Intercentros que xa levaba dende o ano 2019 sen realizarse por mor da Covid 19. Os centros convidados (San Amaro, Irixo e Beariz) chegaron ás 10:00 horas e participaron das actividades que estaban organizadas: entrega de chapas personalizadas para todos/as os/as asistentes, realización de xogos e talleres (creación de instrumento con material reciclado, batucada, actividades deportivas, actividades de percusión con Boomwhackers, realización dun mural con tapóns, xogos co paracaídas, xogos con globos...). Asistimos á actuación de Magín Blanco no comedor. Fixemos a canción e a coreografía do “Recicla, recicla” no patio dianteiro do centro. A comida fíxose entre o patio cuberto novo e o patio de infantil e para rematar, fixemos fotos de todos os asistentes no photo call que se elaborou para tal evento. Entre as 15:00 e as 15:30 os colexios convidados marcharon para os seus destinos.

CONVIVENCIA INTERCENTROS

O 25 de abril celebramos unha convivencia con outros centros da comarca (San Amaro, Beariz e Irixo) e organizamos tres talleres de reciclaxe con materiais de refugallo: un ecoplaneta, un instrumento musical e un taller de percusión.

CONVIVENCIA 2019

Onte celebramos a convivencia no colexio " Ceip Eulogio Gómez Franqueira" xunto cos centro de Irixo, San Amaro e Beariz. Pola mañá os máis cativos disfrutaron da actuación da " Cé Orquestra Pantasma" e do " Mago Teto", mentres os maiores tiñan un torneo de fútbol sala. E despois de xantar todos, tivo lugar a firma de camisetas e diversos xogos. E xa para rematar, fixemos o baile e a canción " Convivencia" e asistimos a actuación do mago Teto.

Distribuir contido


by Dr. Radut