Skip to Content

                              

Nadal

NADAL 2022

Nas semanas previas as vacacións de Nadal pedímoslle as familias que fixeran decoracións con materiais de refugallo, ademais de adornos con rolos de papel hixiénico para a árbore que fixeron os de 3º de educación primaria.

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Comezamos de novo as clases despois das vacacións de Nadal. Esperamos que o pasásedes moi ben e veñades coas pilas cargadas!

BO NADAL!

Dende o centro queremos desexarvos a tod@s un moi bo Nadal e un próspero ano novo. Lembramos que as vacacións de Nadal comezan o día 22 de decembro e rematarán o día 7 de xaneiro, polo tanto estaremos de volta no cole o día 8 de xaneiro. 

VISITA DE PAPÁ NOEL AO ALUMNADO DE XUVENCOS

O pasado xoves 20 de decembro tivemos no centro unha visita moi especial con motivo das vacacións de Nadal. A continuación podedes ver as fotos desta sorpresa:

Visita de Papá Noel a Xuvencos

 

Festival de Nadal 2013

O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal para celebrar o fin do primeiro trimestre do curso e a chegada do Nadal.

Este foi o programa do Festival, se premedes nel veredes o vídeo de cada unha das actuacións.

1. POESÍAS EI: “O boneco de neve”- “Os reis magos”.

2. OBRA 1º ciclo: “ A árbore de Nadal”.

3. CHRISTMAS CAROL 2º ciclo: “We wish you a Merry Christmas”.

4. OBRA 3º ciclo: “ Noel e os seus trasnos”.

5. PANXOLIÑA EI: “Xa chegou o Nadal”.

6. BAILE 1º ciclo: “ Mi burrito sabanero”.

7. CHRISTMAS CAROL 3º ciclo: “ Deck the hall

8. GUIÑOL 3º ciclo: “La estrella juguetona”.

9. POESIA 2º ciclo: “Si yo supiera hacer magia”.

10. OBRA 3º ciclo: “Os tres cirurxiáns”.

11. CHRISTMAS CAROL 1º ciclo: “Jingle Bells”.

12. CANCIÓN DE NAVIDAD 3ºciclo.

13. FRAUTAS 2º ciclo.

14. BAILE 3º ciclo: “Feliz Navidad”.

15. PREMIOS: Postais e mellores lectores.

16. VISITA DE PAPA NOEL.

 

Galería de imaxes das diferentes actuacións:


 


Concurso de postais de Nadal 2012

Coma en anos anteriores, desde o Equipo de Biblioteca e do EDL convocamos un concurso de postais de Nadal. Participou case todo o alumnado do centro. Os traballos presentados foron dunha grande calidade o que motivou que ao xurado non lle fose nada doado decidir cales foron os mellores traballos.

Coas postais gañadoras estamos a elaborar un almanaque que será entregado a todos os membros da comunidade educativa o último día de clase deste trimestre.

 

Paula Fernández Trigo - 3º Ciclo Alba Cabaleiro Gómez - 2º Ciclo
Sofía Bogdan - 1º Ciclo Emma Brull Pagán - Ed. Infantil

Lendas do Nadal

Son moitas as lendas e crenzas que fan referencia á celebración do Nadal nas distintas partes do mundo.

Nesta sección pretendemos facer unha recopilación de moitas destas lendas sobre o Nadal.

Programa festival Nadal 2011

O martes, día 20 de decembro, celebramos con moito éxito o “Nestival de Nadal”. Contamos coa presenza de numerosos familiares e amigos dos pequenos artistas do colexio. Se seguemos con este nivel de participación teremos que buscar un sitio máis amplo para estas xornadas festivo-educativas.

Se premedes nas ligazóns do programa de actuacións poderedes ver os videos das diferentes representacións.

Esperamos que foran do voso agrado!!

Este é o programa de actuacións:

1. PANXOLIÑA: Toca a pandereta (Alumnado do PAI).
2. “OS PASTORES VAN VER AO NENO” (EI:3,4,5 anos).
3. BAILE: “PASADO PISADO” (Primaria).
4. OBRA INGLÉS : “RUDOLF” (3º/2º ciclo).
5. BAILE: “ PLEASE, BABY COME HOME” (Primaria).
6. OBRA: “TEATRILLO DE LOS NÚMEROS” (1ºciclo).
7. CHRISTMAS CAROL:”JINGLE BELLS” (3º/2º ciclo).
8. BAILE: “BYE, BYE PICOLINA” (EI:4,5 anos).
9. OBRA: “SECUESTRARON A PAPA NOEL” (3º/1º ciclo).
10. OBRA: “O PAXARIÑO FERIDO” (2º ciclo).
11. BAILE: “ AI SE EU TE PEGO” (3º ciclo).
12. OBRA: “EL ARBOL DE NAVIDAD” (1º CICLO).
13. FRAUTAS 3º CICLO.
14. PANXOLIÑA (primaria).
15. PREMIOS POSTAIS DE NADAL: Do Concello e do colexio.
16. PREMIOS AOS MELLORES LECTORES DO TRIMESTRE.
17. VISITA DE PAPÁ NOEL

 

 

 

 

Concurso de postais de Nadal 2011

Este ano volvemos a convocar o concurso de postais de Nadal no centro.

Eleximos a dous premiados por cada Ciclo, e cos catro mellores traballos confeccionamos un almanaque para o Ano 2012.

Premiados:

Ed. Infantil:

Enma Brull Pagán
Paula Crespo Rodríguez
Paula Cabaleiro Gómez

1º Ciclo de Ed. Primaria

Laura González Nedler
Adrián González Díaz

2º Ciclo de Ed. Primaria

Iván Pérez Álvarez
Héctor Fernández Martínez

3º Ciclo de Ed. Primaria

Gabriel Maía Dacosta
Alejandro Iglesias Pérez

O almanaque foi repartido entre toda a comunidade educativa.

Asemade, podedes descargalo premendo na imaxe do mesmo.

Festival de Nadal 2010

O día 21 de decembro realizamos o Festival de Nadal 2010. Nel participamos todos os alumnos e alumnas do centro interpretando panxoliñas, obras de teatro, cancións de moda,... e realizando bailes...

Ao final do festival fíxose entrega dos premios aos gañadores do concurso de postais que organizou o Concello de Boborás, así como dos realizados neste primeiro trimestre desde o colexio.

Unha vez rematado o festival tivemos unha visita moi esperada polos alumnos máis cativos: Papá Noel.

No videoblog do noso centro podedes ver todas as actuacións que tiveron lugar. Esperemos que sexan do voso agrado.

Preme para ver os videos Videoblog do noso centro

Distribuir contido


by Dr. Radut