Skip to Content

                              

Coplas entriodo 2013

COPLAS ENTROIDO 2013

(Música da canción popular “Ai Pepiño adiós”)


RETROUSO

O entroido está aquí,

o entroido chegou,

outro ano imos festexar.

Pon un disfrace, unha máscara

e vente con nós a troulear

na mellor festa que hai.

 

1ª ESTROFA

Por fin xa chegou o día

para lucir este disfrace

polas rúas do noso pobo.

Por fin xa chegou o día

correde amiguiños vinde á romaría.

 

2ª ESTROFA

Nos tempos peludos que corren

o humor non o tes que perder

pon ó mal tempo boa cara.

O humor non o tes que perder

porque o entroido é tempo de lecer.

 

3ª ESTROFA

Nin en Verín, tampouco en Laza,

nin Cádiz, nin terras Limiás,

moito menos en Tenerife.

Nin Cádiz, nin terras Limiás

o mellor entroido é o de Boborás.

 

4ª ESTROFA

Seguindo cos nosos costumes

 por último e “pra” rematar

convidámosvos a esta festa.

Por último e “pra” rematar

o chocolatiño quente imos tomar.

 

FIN.



book | by Dr. Radut