Skip to Content

                              

ANPA do CEIP Nosa Sra de Xuvencos

ANPA de BoborásEste curso púxose en funcionamento a nova ANPA do colexio. A ela podedes pertencer calquera das familias que tendes fillos/as matriculados/as no colexio.

Nesta sección da web iremos colgando aquelas novas que sexan de interese para as familias do alumnado do centro.

Estableceuse unha cuota de 25 euros anuais por unidade familiar poder realizar actividades.

Os/as que desexedes pertencer á mesma podedes abonar a cuota anual na conta do ANPA da sucursal de  Novagalicia banco de Boborás. Se non tedes conta na sucursal vanvos cobrar 3 euros de comisión, se é este o caso, é mellor que lle abonedes a cuota a calquera dos membros da directiva para aforrar ese 3 euros.

Para calquera dúbida ou información porse en contacto coa directiva da ANPA.



page | by Dr. Radut