Skip to Content

                              

Nós tamén creamos 2013/2014

Este curso volveremos a participar no concurso de creación de curtas "Nós tamén creamos" que o pasado ano tanto éxito tivo no noso cole.

O alumnado de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Educación Primaria serán os artistas cinematográficos do conto que elixamos en próximas datas.

Os coordinadores deste programa, Raquel e Carlos, foron os encargados de explicarnos en que ía consistir esta edición, dándonos pautas que nos serán de moita axuda para a posta en práctica do traballo a realizar.

Esperamos que volva a ser un éxito!!

 


 

Curta elaborada o curso pasado coa técnica de stop motion titulada "Que mal cheira".

 

Non deixedes de vela!!



page | by Dr. Radut