Skip to Content

                              

Coplas do entroido

 

COPLAS DO ENTROIDO 2009

 

 

Aí vai, aí vai
aí vai o entroido aí vai!
os nenos de Boborás
vimos todos a cantar.

 

1ª estrofa:

Xa estamos no entroido
temos que nos disfrazar
pon o primeiro que atopes
e disponte a troulear.

2ª estrofa:

O entroido é unha festa
na que se hai que divertir
achegádevos moi preto 
para podernos seguir.

3ª estrofa:

Aquí vimos todos xuntos
vestidos de Dartañán,
hai que ver que traballiño
nos levou este disfraz.

4ª estrofa:

Alumnos e profesores,
nais, pais, tamén irmáns,
se vides con nós ao cole
chocolate imos tomar.

 



page | by Dr. Radut