Skip to Content

                              

Mandas 2013

O meco manda:


 

O luns, catro
trae algo na cabeza,
pois comeza o entroido
que non che dé pereza.

O martes, día cinco
trae algo na cintura
e pon algo no pescozo
serás o mellor mozo!!.

O mércores, día seis
nos zapatos has poñer
algo que chame a atención
e simpático deberá ser.

O xoves, día sete
Os Picapedra desfilarán
e logo unha gran chocolatada
todos xuntos comerán.

E o venres, día oito...
se ao cole queres entrar
disfrázate do que queiras
e só así poderás pasar.

 



book | by Dr. Radut