Skip to Content

                              

A coción do pan

A cocción do pan é o último traballo dunha serie de actividades labregas que comeza coa sementeira dos cereais.

O pan é un produto de alimentación básico en todo o mundo. Hoxe obtense, na maioría dos casos, de xeito industrial e llo mercamos aos panadeiros, pero ata non fai moito case todas as familias do rural galego elaboraban eles mesmos o pan que consumían na súa casa.

A elaboración do pan vai parella ao cultivo dos cereais precisos para a súa fabricación, fundamentalmente o centeo e o millo, aínda que tamén se usaba o trigo en algunhas zonas.

Neste capítulo do libro analizaremos os elementos de que consta un forno de leña e do proceso a seguir para elaborar pan artesán.



book | by Dr. Radut