Skip to Content

                              

COPLAS ENTROIDO 2011

MÚSICA: “Ollos verdes son traidores”

 

RETROUSO

Aquí estamos a escola de Boborás

a festa do Entroido vimos a festexar.

Vimos a festexar, vimos a festexar.

Aquí estamos a escola de Boborás.

 

ESTROFA 1ª

Outro ano aquí nos tedes

dispostos a troulear

unídevos se queredes

pero non vos esquezades que se hai que disfrazar (bis).

 

ESTROFA 2ª

Mirade ben para nós

que disfrace nos “gastamos”

a ver se o adiviñades

e senón sempre podédesnos parar e preguntades (bis).

 

ESTROFA 3ª

Peter Pan e Campaíña,

o barco e Capitán Garfio.

Xa vedes que non nos falta

un detalle para sermos os mellores da comarca (bis).

 

ESTROFA 4ª

Canto traballo levamos

na súa elaboración.

Canto tempo empregado.

Estes “profes” que nos temos teñen o ceo gañado (bis).

 

ESTROFA 5ª

Agora xa só nos queda

coma sempre cada ano

que xa para rematar

traiades moita fame para os churros tomar (bis).




page | by Dr. Radut