Skip to Content

                              

O sabor da aventura está no mar.

A partir do mes de xeneiro, participaremos no programa da Consellería do Mar "O sabor da aventura está no mar", que consiste en acercar o consumo de produtos frescos do mar ata os comedores escolares.

O programa terá unha duración de 9 días con diferentes menús a base de pescado fresco. Paralelamente, tamén se realizarán varios obradoiros lúdico-didácticos con toda a comunidade educativa.

Esperamos que sexa do agrado do alumnado, a pesar de que no noso centro o consumo de pescado fresco é unha realidade dúas veces á semana.

Na seguinte ligazón podedes atopar máis información sobre este programa.

 

 

 



page | by Dr. Radut