O Concello de Boborás amosa un Patrimonio Histórico-Artístico verdadeiramente rico e variado.
Dentro do Municipio de Boborás consérvase un gran número de edificios civís e relixiosos de interese histórico, tales como:
Igrexa de San Martiño de Cameixa cunha mestura de estilos, destacando a ábside románica, o seu reloxo de sol e a colección de cancillos debaixo do aleiro.
A Igrexa de Astureses construída polos Templarios no século XII
A Igrexa de Xuvencos de estilo románico, restaurada no século XVI cun fermoso cruceiro nas súas portas.
A Igrexa de San Mamede de Moldes, tamén románica e construída polos Templarios sobre un castro.
O Pazo de Moldes onde naceu e está soterrado (no cemiterio de Moldes) o escritor Antón Losada Diéguez. Na súa memoria celébrase o Premio Literario que leva o seu nome.
Conxunto historico‑artistico de Pazos do Arenteiro onde en torno á Igrexa románica que pertenceu á Orde de Malta agrúpanse: A Casa Arriba, Casa e granxa do Mato, Pazo de Cervela, Pazo Feixó, e Pazo dos Tizón.
Cameixa onde se atopa o pazo de Currelo no que hai tamén un cruceiro e un pombar.
Pazo da Almuzara que foi transformado nunha casa impresionante de turismo rural.
Laxas onde podemos ver o pazo de Laxas, actualmente restaurado e cun gran viñedo que ten a denominación de orixe Ribeiro.