Skip to Content

                              

DÍA DO LIBRO: CAMPAÑA PUBLICITARIA "FOMENTO DA LECTURA"

Este curso para celebrar o día do libro , dende o equipo de biblioteca decidimos lanzar unha proposta de concurso para o fomento da lectura.

Podedes ver a convocatoria premendo AQUÍ.

Desta volta a actividade desenvolveuse nas aulas, coa axuda dos titores e titoras, establecimos varias  categorías e formas de presentación (máis liberdade para os cursos máis altos).

 

O certo é que quedamos gratamente sorprendidas co nivel das achegas e coa creatividade demostrada en certos cursos.

 

Aquí vos deixamos as recopilacións dos mesmos:

 

En primeiro lugar as vídeo-creacións do alumnado de 5º e parte de 6º : 

Queremos parabenizar ao alumnado de 5º de primaria pola calidade das súas presentacións/vídeos/animacións e a súa titora Asunción que os e as asesorou no seu traballo. Son fantásticas:

 

 

 

 

En segundo lugar, achegámosvos os 3 gañadores e gañadoras de 5º e 6º de primaria, que tamén presentaron as súas creacións en lingua Inglesa ( que elaboraron coa colaboración do profe Javi)

 

 

 

 En terceiro lugar presentámosvos as creacións do alumnado de 4º de primaria e parte do de 6º ( en formato dixital, tamén moi orixinais ) a través dun ISSUU

 Se queredes desfrutalo premede AQUÍ

 

E por último , todas as creacións ( en formato folio) do alumnado de ED. iNFANTIL, 1º, 2º e 3º quedaron expostas na entrada da nosa Biblioteca escolar para que toda a Comunidade Educativa poida velas e desfrutalas tanta coma nós.

 

 

 

 

 

 Para o xurado (formado polas integrantes do equipo de biblioteca) foi moi moi difícil decidir quen ía ser o gañador ou gañadora, porque a calidade das aportacións foi boísima. 

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR, POR IMPLICARSE , POR COMPARTIR E CREAR E SOBRE TODO

POR APOSTAR POLA LECTURA!!!!.

 



blog | by Dr. Radut