Skip to Content

IX edición do torneo de minibalonmán

O día 30 de abril participamos no IX edición do torneo de minibalonmán que organizou a agrupación Deportiva Arenteiro, e que tivo lugar no pavillón Paco Chao do Carballiño.

Os equipos presentes no campionato foron os seguintes: CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; CEIP Otro Pedrayo de Amoeiro; CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás; CPI Virxe da Saleta de Cea e CEIP da Uceira do Carballiño e CPI Antoinio Failde de Cambeo.

Este ano o número de equipos participantes foi superior aos últimos anos,  por iso resultou ser un torneo moi compititivo e igualado quedando os nosos representantes nun meritorio 4º posto.

Hai que felicitar a todos os participantes no torneo pola súa deportividade e bo comportamento.

Na seguinte ligazón podedes descargar os resultados e a clasificación

 

GALERÍA DE IMAXES

AdxuntoTamaño
clasificacion2014.pdf43.39 KB


page | by Dr. Radut