Skip to Content

                              

Desfile Mickey e Minie en Boborás

O xoves 27  a máxia de Disney chegou a Boborás cun gran desfile que partiu desde o CEIP Nosa Sra de Xuvencos ata o Concello e que nada tivo que envexar ao de París. Alí fomos recibidos cunha chuvia espectacular de caramelos a cargo do Concello de Boborás e de NovagaliciaBanco.

Os Mickeys e Mineis fixéronos pasar unha tarde moi divertida cos seus bailes e coreografías acompañados por unha gran comitiva, formada pola práctica totalidade da comunidade educativa do colexio.

Para rematar a festa, a cociñeira Carmen, preparounos a tradicional chocolatada acompañada de biscoitos caseiros... que foroi saboreada pola maioría do público presente.

Na seguinte galería podedes ver as imaxes do que aconteceu nesta xornada de entroido...

 



book | by Dr. Radut