Skip to Content

                              

SAÍDA Ó AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO

SAÍDA GUIADA Á ACTIVIDADE "ESCENAS MUSICAIS"

O día 2 de Abril, o alumnado de infantil, primeiro ciclo e segundo ciclo de educación primaria, asistiu a unha das actividades para escolares organizadas pola fundación Caixa nova, que responde ó título de Escenas Musicais. Ésta tivo lugar no Auditorio Municipal do Concello do Carballiño tendo unha duración de, aproximadamente hora e media.

O principal obxectivo de dita actividade foi o de dar a coñecer ós máis cativos, os distintos instrumentos musicais presentes na Orquestra dunha forma divertida e diferente. Así, instrumentos coma o clarinete, a frauta traveseira, o saxofón, a trompeta, a tuba, o violín, o violoncello e o acordeón, tomaron vida propia mentres narraban distintas escenas cotiás, recreándose en persoaxes de carácter diversa.

O resultado da actividade foi moi positivo non só polos coñecementos adquiridos e reforzados da área de música, senon polo carácter lúdico desta. Os nenos e nenas do centro disfrutaron como nunca de distintas pezas musicais acompañando con palmas, cantando e, nalgúns casos, incluso bailando.

A organización facilitou a cada un dos centros alí presentes, unha unidade didáctica con diversas actividades para seguir traballando na aula máis contidos relacionados coa área.

Imaxes



page | by Dr. Radut