Skip to Content

                              

PROBANDO COMO SE COPIA TEXTO SONIA S.

HISTORIA - ORIXE DO ENTROIDO EN XERAL

 

Non se ten precisado con certeza a orixe das festas do Entroido. 

É en épocas escuras da Idade Media cando aparece con máis forza formando parte do círculo litúrxico cristián, polo que parece que sen a existencia da Coresma, o Entroido, non perdurase na forma que maioritariamente se presentou ata hai algúns anos. 

Desde o Renacemento creuse que o Entroido proviña directamente das antigas festas Saturnais romanas. Nestas festas existía como costume xeneralizado, o troco de agasallos e invitacións, de vestirse con máscaras ou disfrazarse e de que os señores vestisen humildes roupas dos escravos, gozando estes por contrapartida, de certa liberdade sen recoñecer amo algún

A propia verba Carnaval levou a alguns a derivala de "carrus navalis" ou representación que nas festa das Kalendas de marzo viñan celebrala os romanos en honra da deusa Isis, con procesións, disfraces e exhibicións de barcos arrastrados pola terra.

O Entroido é unha festa na que os ritos e manifestacións de orixe arcaica mestúranse na época romana con outros de tipo social, que perduran ata a Idade Media, adquirindo tamén un sentido cristián. A convivencia de ambas  manifestacións, a pagá e a cristiá, lévannos definitivamente a fixar os carácteres que aínda hoxe na actualidade detéctase na festa do Entroido.

A cultura popular era poderosa mentres que a oficial e relixiosa máis feble, polo que, con fins propagandísticos a igrexa facía cadrar as súas festas con aquelas que fosen pagás co único fin de intentar cristianizalas. As festas populares nas que a risa, a burla ou a pantomima, eran elementos esenciais, foron consideradas como cousa demoníaca, emanante do Inferno, e o rezo, o recollemento, a oración e o arrepentimento como provintes de Deus. Estas premisas marcaron a concepción filosófica dos primeiros tempos da igrexa medieval, e en canto, comenzou a considerar como unha segunda natureza humana, estas manifestacións de desafogo, ata o estamento relixioso chegou a asumilo no contorno do seu propio ritual, permitindo pois estes excesos en determinadas datas do ano co único fin de erradicalo aos poucos, e así desta forma os mesmos relixiosos, conscientes do seu papel transformador, contribuíron á súa expansión baixo novas formas, potenciadas por eles. Así chegaron a recrearse situacións xocosas e satíricas de paisaxes bíblicas e de libros relixiosos, sempre xustificándoas baixo a premisa desa segunda natureza humana. Na liturxia, nos funerais, nos matrimonios, bautizos e outras cerimonias comezan a aparecer estas manifestacións satíricas, exemplo diso, son: "As festas do San Xoan" "Os Inocentes" "A Liturxia dos Borrachos" "O Evanxelio dos Borrachos" "O Testamento Porcelli" "Pater Noster" "Credo" e outras letanías, que sen ningunha dúbida remítennos aos Testamentos e Enterros das nosas festas do Entroido. Tamén vellas pezas teatrais, os "ministerys" (dos menestrais=gremios) con intención ridiculizadora son un precedente dos Entremeses e Apropósitos dos nosos tempos.

En moitas destas festas saían xa previamente os "demos" enmascarados, circulando libremente polas rúas e creando un ambiente de desenfreo. Ao pouco tempo estes enmascarados xa aparecen organizados participando en gremios, en danzas e finalmente en procesións como penitentes representando sempre o demoníaco, o negativo fronte ao triunfo da fe.

A partir do Renacemento, coa nova concepción filosófica do mundo e da vida, a festa do Entroido foi máis unha lembranza e o adeus a outra época que xa terminara. Nalgúns casos foi así, máis noutros, a concepción vital medievalista perdurou por diversos motivos socioeconómicos, ata os nosos días; no rural, agrario e medieval a través das nosas xentes, as nosas vilas e cidades por medio dos gremios que mostraban os seus espectáculos, invencións, danzas e máscaras.



page | by Dr. Radut