Skip to Content

                              

Blogues

ESCORNABOTS, NO RECREO DA BIBLIO, NO MES DA CIENCIA EN GALEGO.

Continuamos , no mes da ciencia en galego con actividades relacionadas coa mesma, na hora do recreo, desta volta para o alumnado de 3º e 4º de primaria.

 

Elaborouse un taboleiro, para utilizar cos escornabots, con vocabulario relacionado cun LABORATORIO. 

Debían seleccionar as tarxetas e despois mover o escornabot, ata o debuxo que se correspondese coa palabra que lles tocou. 

Aquí tedes unhas poucas fotos do momento:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARREIRA SAN MARTIÑO

O mércores 13 de novembro celebramos a Carreira de San Martiño no noso colexio. Foi unha mañá diferente na que participou todo o alumnado. Ademáis tamén se fixo entrega das correspondentes medallas e premios.

Pincha na foto para ver toda a reportaxe.

EXPERIMENTAMOS COA AUGA

Seguimos co mes  "da ciencia en galego".

Hoxe martes, 12 de novembro, na hora do recreo, volveu a vir o alumnado de 1º e 2º de primaria para facer o experimento PODE A AUGA IR CARA ARRIBA???

Primeiro observamos os materiais que necesitabamos: tres vasos, papel de cociña, auga e colorante alimentario.

Despois explicamos a execución e levámolo a cabo.

Enchemos dous dos tres vasos con auga ata a metade.

Mezclamos un dos vasos con colorante vermello e outro con amarelo (por exemplo), e colocamos os vasos en fila (o baleiro no medio).

Dobramos o papel de cociña en catro partes, introducimos unha das esquinas no vaso con auga amarela e outro no vaso vacío, e o mesmo co de auga vermella.

Neste experimento podemos observar cómo o vaso do medio encherase ata que o nivel de auga estea igual nos tres vasos, ademais de que ocorre ao mezclar dous cores primarios, que darán como resultado outras cores.

MOCHILAS VIAXEIRAS-2ª QUENDA

O luns 11 de novembro saíu a segunda quenda das mochilas viaxeiras.

EXPERIMENTANDO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Novembro é o mes  "da ciencia en galego".

Dende a biblioteca quixemos unirnos a esta iniciativa e hoxe comezamos na hora do recreo, na nosa biblioteca cun experimento. Desta volta para o alumnado de 1º e 2º de primaria que quixo achegarse á biblioteca na hora do recreo..

 O primeiro foi observar os instrumentos que precisabamos para a elaboración do mesmo. 

Despois da explicación da execución do mesmo, realizamos as nosas hipóteses: que sucedería ó poñer en contacto o bicarbonato co vinagre?? 

Tiñamos 5 botellas e botamos nelas distinas cantidades de vinagre, para ver se o efecto era o mesmo en todos os casos.

Preparado o material, e realizadas as hipóteses pasamos á acción... e aquí tedes unhas poucas fotos do proceso:

 

 

 

 

  

 

 

 

RADIO NA BIBLIO

Este curso unímonos ó proxecto "RADIO NA BIBLIO" 


Estamos moi ilusionados e ilusionadas de poder formar parte deste proxecto.. e poder compartir as nosas vivencias, experiencias e aprendizaxes, integrando as competencias clave e cunha aprendizaxe significativa e ilusionante.

Máis información do proxecto aquí: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1245 

Seguiremos informando!!! 

MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis puxemos en marcha as mochilas viaxeiras deste curso escolar 2019-20.

SAMAÍN-HALLOWEEN 2019

O martes 29 de outubro celebramos o Samaín-Halloween no cole. Ademáis tamén entregamos os diplomas aos millores relatos terroríficos e as cabazas máis votadas.

 

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos.

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Por fin chegou o Día das Bibliotecas escolares.

Un día de festa !!!!

Pola mañá fomos a nosa biblioteca do cole en pequenos grupos (infantil, 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º) para recibir un pouco de formación e tamén para divertirnos e aprender ... e ver algún vídeo que nos gustou moito.

Ademais este curso fixemos un novo TRÍPTICO INFORMATIVO dende a biblio, que se repartiu ese día.

 

E pola tarde chegou o festón: o alumnado de 5º e 6º de primaria levaba un mes preparando, buscando información, guionizando, dramatizando unha idea: COMO PRESENTAR ao resto do centro o noso PDI: "OS XOGOS OLÍMPICOS".Temos que darlle os parabéns tanto ao alumnado coma o profesorado de 5º e 6º, porque fixeron unha presentación fantástica que combinou exposición de contidos, teatro, humor, información e diversión.

Explicáronnos moitas cousas, viaxaron no tempo e presentáronnos os principais símbolos olímpicos.

FOI UN DÍA XENIAL!!!

ESCORNABOTS

Na semana da #CodeWeek o alumnado máis pequecho do centro estivo xogando cos escornabots. As súas mestras fixeron plantillas con vocabulario de froitos de outono e a partir do conto "Orellas de bolboreta".

Distribuir contido


by Dr. Radut