Título | Resumo |
---|---|
FORMULARIO AVALIACIÓN CLUB LECTURAS 5º E 6º #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ESPAZOS DE CALMA #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este curso escolar o profesorado recibiu formación sobre diferentes trastornos, formas de actuar, metodoloxía, accións favorables... Así nas aulas de primeiro aproveítase un oco para crear un espazo de calma, no que rapazada poida usar para volver a regularse. Para coñecer ese espazo e presentalo, a rapazada crea botellas da calma.
|
MÁQUINAS SIMPLES #ciencia #poloscrativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de sexto experimenta coas pancas e outras
máquinas simples, primeiro son obxectos de reciclaxe e
posteriormente coas máquinas simples de mecánica, de Lego Wedo.
|
XORNADA BIBLIOTECAS ESCOLARES #XBEGA22 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xornada de formación
|
OBRADOIRO DE RADIO - BIBLIOTECA HUMANA/POLOS CREATIVOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Un grupo de alumnado do sexto de primaría realizará un obradoiro de radio na Radio Escolar da Biblioteca do Ies Punta Candieira, con Paulo Vicente, outro dos voluntarios da nosa Biblioteca Humana e profesor do Ies.
|
CONTACONTOS "LECTURA E FAMILIAS" - O DRAGÓN ZOG #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Nesta ocasión Karen Leimdorfer será a transmisora da fermosa historia de "El dragón Zog" o versionará en galego e inglés, o seu idioma natal.
Será un agasallo para o alumnado de 2º de primaria.
|
CALIGRAMAS - OBRADOIROS VOLUNTARIADO #VoluntariadonaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O voluntariado despertando a creatividade, xogando coas palabras e a imaxe da nosa mascota Percebiño!
|
O MAQUINISTA ANTÓN #teatro #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 4º de primaria dramatiza por grupos diferentes escenas do "Maquinista Antón", unha pequena obra que trae o libro de galego. Están todos e todas moi emocionados!
|
BIBLIOTECA HUMANA - MANUALIDADES STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Sabela Lourido e Javier Calvo agasállanos cun obradoiro de Nadal para o alumnado de 3 anos. Foi unha experiencia fermosa, dado a idade das raparigas e raparigos, que aínda están por facer o seu 1º trimestre na escola. Gracias por compartir felicidade, risas e momentos para o recordo.
Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
FONDOS NOVIDADES #voluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ÁLBUM PDI FLORA E FAUNA 3 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumando de 3 anos de E.I. abríndo os sobres cos cromos,
buscando o lugar axeitado para pegalo, traballando a motricidade
fina nese despegado, nada sinxelo con tres aniños! E xogando e disfrutando coa lectura e posterior conversa.
Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro (aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou), o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
|
CADERNO DE LAPELAS PDI #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Os Vagalumes de 1ºC concentran o traballo realizado para o proxecto "Aprendendo, naturalmente!" nun caderno de lapelas a modo de maletín. Nel recollen varios ciclos, a costura dunha folla, un caderno de campo, a paisaxe da costeira da nosa contorna, a flora e fauna que a rodea, o álbum cos cromos realizado pola biblioteca (fotografía de Rafael López Loureiro e subvencionado polo Concello de Cedeira) e as fichas do trimestre, moitas delas versan sobre a flora e a fauna. Libro convertido en xogo que de seguro será mirado e remirado durante o verán. Un recordo bonito e moi educativo dun curso escolar.
Agradecer a colaboración de Carmen Lorenzo e @mestraCris en algunha das pezas.
|
RECREOS NA BIBLIO! #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Así de ben o pasamos nos recreos na biblio!
|
PASA A COLLER A TÚA NOVIDADE! - FONDOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #voluntariadonaBE |
|
PROXECTO DOCUMENTAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Como vén sendo habitual ano a ano, a biblioteca da escola embárcase nun proxecto de traballo no que a colaboración de toda a comunidade educativa é condición indispensable para arribar en bo porto. Basearemos coma sempre as nosas investigacións no currículo cedeirés e así propoñemos este curso un tema que forma parte esencial da existencia da nosa vila A MÚSICA.
Cedeira...unha vila que non se entende sen o compoñente musical. Foron, son e serán moitos os músicos e agrupacións que manteñen viva a nosa tradición musical. A música é parte da vida cotiá: cantamos cando xogamos, cando contamos contos , despois dun xantar compartido e mesmo cando traballamos, forma parte das nosas vidas e da nosa historia como pobo.
Non entenderemos pois o currículo cedeirés sen o compoñente musical. Queremos achegar aos nosos nenos e nenas a nosa tradición máis sonora, queremos facelo dende a escola, dende a biblioteca e coa axuda inestimable de todos vosoutros.
os cantares de aguinaldo iniciamos este proxecto. Se conservades na vosa memoria ou na dos vosos avós algún cantar tradicional, cubride o seguinte cuestionario que vos enviamos ou solicitade un na biblioteca ou en secretaría.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
|
GRUPOS INTERACTIVOS CORPO HUMANO #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #AprenderaPensarnaBE |
Os Vagalumes continúan cos grupos interactivos. A biblioteca, centro de recursos e espazo.
|
BIBLIOTECA HUMANA - 26 ABRIL - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano,
Pode asistir calquera persoa, pero é necesario apuntarse. Esta actividade está enmarcada na Biblioteca Humana, dentro do programa "Lectura e familias".
|
CAMBIANDO CROMOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 5º e 6º recibe outro sobre de cromos e cambia os repetidos. Intres para compartir información,ampliar, investigar, conversar sobre a flora e a fauna da nosa contorna. Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro (aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou), o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
|
"MARES DE CEDEIRA" - PRESENTACIÓN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE |
Fai un ano, o alumnado de 2º de primaria (hoxe xa en 3º de E.P.), interpretaba a obra teatral "Mares de Cedeira". Unha obra escrita por Carlos Labraña para o alumnado do CEIP Nicolás del Río, ilustrada por Diego Cheda e Quique Vázquez e publicada coa colaboración do Concello de Cedeira. En breves, veremos esa obra nun libro. A súa presentación será o domingo 4 de xuño ás 18:30h. no Auditorio de Cedeira. Quedades convidados!
|
OBRADOIRO AUGAS DE GALICIA #AugasdeGalicia #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Na pasada semana recibimos a visita de Augas de Galicia para recibir unha charla de sensibilización e un obradoiro sobre as inundacións. Riscos, desbordamentos de ríos, consecuencias, efectos negativos dun fenómeno natural e necesario. Para ver algúns vídeos e obter máis información podedes achegarvos ao seu blog: Augas de Galicia.
Na súa visita realizaron unha donación de guías dos Bolechas, Coidamos a auga, para todo o alumnado de infantil.
|
BIBLIOTECA HUMANA A CIDADANÍA VOLTA Á ESCOLA! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #poloscreativos #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A Biblioteca Humana, dentro do programa Lectura e Familias, volve outro ano máis para facer escola entre todos e todas!
Está claro que as nosas xentes son fonte de recursos diversa. Ademáis a biblioteca, as mestras e os mestres somos conscientes do poder motivador que pode exercer que a avoa, o tío, a madriña, a veciña, o curmán, mamá, papá... se achegue á escola e forme parte dela, que cree, ensine, lea, constrúa coñecemento. Por todas estas razóns e moitas máis, abrimos novamente o banco humano que abarca tres grandes obxectivos:
a)Continuar ampliando as persoas libro (contar oralmente unha vivencia, experiencia, saber... a un grupo pequeno de persoas que logo teñen opción a facer preguntas sobre o comentado).
b)Acudir na hora de ler a contar unha historia a tódolos compañeiros e compañeiras da aula do seu familiar.
c)Realizar un ou varios obradoiros sobre a temática que se solicita co alumnado.
A escola conta cunha gran dotación de recursos materias de Polos Creativos e da biblioteca escolar. Somos moi afortunadas e afortunados pois temos un centro con gran cantidade de material. Agora é necesario sacarlle o máximo partido para aprender do mellor xeito que sabemos, Xuntos!
|
ESTREANDO O CADERNO DE CAMPO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Despois de rematar a creación do caderno de campo, na aplicación Canva, o alumnado de sexto fai unha saída á Praia da Magdalena e o estrea!
|
XORNADA DE CONVIVENCIA E DESPEDIDA DO VOLUNTARIADO #voluntariadonaBE #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despedimos o curso escolar cunha xornada de convivencia entre o voluntariado escolar, as súas familias e o profesorado do Ceip Nicolás del Río. Un intre para conversar, valorar e felicitar polo traballo ben feito. Parabéns rapazada!
|
CURTAMETRAXE "PEQUENOS PERO MAIORES" #arte #radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de primeiro realiza unha curtametraxe sobre a realidade das aulas galegas con alumnado extranxeiro. O fai coa axuda das familias que tamén participan en diversos ámbitos, tanto na actuación como na música.
Agradecer a colaboración de todos eles, en especial de Antonio Rodríguez Bustabad.
|
TEMPO DE NADAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Nadal#Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Chegado o tempo de Nadal moitas familias achéganse á biblioteca a realizar unha documentación moi importante, a transmisión da tradición oral da nosa música de Nadal: panxoliñas, cantos de reis e por suposto, unha manchea de contos. Hoxe contamos coa visita de Jose de Vigo, que agasallou ao alumnado de 5º e 6º con dúas panxoliñas que falan da xeografía da nosa vila. Con elas inauguramos esta semana de tradición oral de xeneración en xeneración.
José de Vigo prometeunos voltar, aquí quedan as panxoliñas grabadas para ir practicando nestes días. A primeira é da súa colleita, escrita e cantada por José de Vigo. Unha panxoliña na que collemos todos os de Cedeira, de tódalas parroquias, perfecta para nos tempos que estamos. A segunda é unha canción mariñeira, a primeira noticia a recibimos por unha mamá, falounos de Manolo do Mudo (en paz descanse) e desta canción. Despois soubemos por Jose que a cantaban nos bares, as fins de semana, despois de vir do mar, Manolo do Mudo, Manolo Vergara, Javier Vergara e Manolo Pita Cribeiro ( O Norreca). Ata o de agora, aínda estamos por saber de certo, se a letra é só de Manolo do Mudo ou hai máis autores. Pero o que máis nos gusta é que permanecera na tradición oral. Hoxe pasa a unha nova xeración que ten que encargarse de cantala moito e transmitila á seguinte. Agasallos musicais da man dos que hoxe non están e grazas a José de Vigo. Cantada polos nenos en homenaxe aos que hoxe non están. Podedes descargar a panxoliña e a canción nos ficheiros adxuntos.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »