Skip to main content

Maio 2018

CRÓNICAS

PERDÉRONSE uns mariñeiros,

quizais no ventre do mar.

Din que están cunhas sereas

nunha cova de cristal.

Sereas que tecen nubes

cos seus beizos de coral.

Sereas que tecen bicos,

coma perlas no luar.

Naufragaron silandeiros

e perdéronse no mar.

Menos mal que esas sereas

lles prestaron un fogar.

Antonio García Teijeiro.

Foron moitas as vidas que levou o mar en Cedeira.

"Crónicas"...unha seitura de sucesos que conformaron unha escurada parte da historia da nosa vila.

Esta semana comezamos a facer entrevistas a aquele familiares que se ofreceron a aportar información neste proxecto.

Gracias!

CLUB DE LECTURA - VALORACIÓN DO LIBRO "NO CORAZÓN DO BOSQUE"

MARÍA VICTORIA MORENO - LETRAS GALEGAS

CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS, NA BIBLIOTECA ACOLLEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS REALIZADA POR IAGO LÓPEZ E A VARIOS BOOKTUBERS DE MARÍA VICTORIA MORENO, RECOMENDÁNDONOS ALGUNHAS LECTURAS.

GRACIAS A TERESA, MORENA, DANIEL E JORGE!!

 

PLAN LÍA

O PLAN LÍA PERMITIUNOS DOTAR Á BIBLIOTECA DO EQUIPAMENTO NECESARIO PARA ACHEGAR AO ALUMNADO UN LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXE ABERTO A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR.

- PLAN LÍA

 

MAIOS "De festas pola vila!"

Nesta ocasión o alumnado de 2ºA e o alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato celebran os Maios no Auditorio Municipal de Cedeira participando no Festival Lóva.