Título | Resumo |
---|---|
POR UN ALUMNADO CRÍTICO - PUBLICIDADE #AMI #bibliotecaescolar #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coa intención de facer ao noso alumnado crítico ante o mercado de productos e a súa publicidade, dende a BE Carlos Labraña, creamos un xogo na aplicación Genially para que analicen e sexan máis conscientes de adquirir un producto.
Esta actividade está enmarcada dentro da Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional proposta pola UNESCO.
Engadimos tamén enlace ao código PAOS (código de corregulación da publicidadede alimentos e bebidas dirixido a menores, prevención da obesidade e da saúde).
|
OBRADOIRO DE MÁSCARAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dúas alumnas de 3º, Vega e Martina, deleitaron a un gran público co seu obradoiro de máscaras de entroido. Purpurina, risas e ganas de festa ao redor dun gran taller creativo. O alumnado empoderado! Parabéns rapazas!
|
ÁLBUM CROMOS FLORA E FAUNA DA CONTORNA - PDI #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Un soño cumprido! O proxecto documental sobre a flora e fauna da nosa contorna merecía un produto final divertido, pero á mesma vez rigoroso. Contamos coa colaboración de Rafael López Loureiro, naturalista e mestre xubilado da nosa escola, que aportou as fotografías e documentación sempre que o necesitamos. O Concello de Cedeira subvencionou as impresións do álbum. A equipa da biblioteca "Carlos Labraña" xunto con Carmen Lorenzo, parouse na escolla das especies, nos textos... E Akelarre deulle forma e deseño baixo as pautas acordadas. Un traballo intenso e inmenso, froito da colaboración de varios axentes sociais, para obter ilusión por aprender. Esta é unha das reaccións dunha aula ao atoparse con inmellorable sorpresa. Durante estes días iredes vendo moitas máis. Agradecer a colaboración de todos e cada un dos participantes. Esta rapazada leva un curso somerxido no estudo da fauna e da flora. Coñece, sabe describir e identificar a meirande parte das especies que saen no álbum. Rematado o proxecto levará este álbum para compartir coa súa familia e transmitir, compartir o aprendido. Poderá espallar cultura naturalista!!
|
ÁLBUM PDI FLORA E FAUNA 3 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumando de 3 anos de E.I. abríndo os sobres cos cromos, buscando o lugar axeitado para pegalo, traballando a motricidade
fina nese despegado, nada sinxelo con tres aniños! E xogando e disfrutando coa lectura e posterior conversa.
Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro (aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou), o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
|
A MULLER E A NENA NA CIENCIA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Sabemos da importancia que ten sinalar unha data para as mulleres e as nenas na ciencia. O noso alumnado ten o dereito de educarse neste campo e polo tanto é algo que está presente durante todo o curso. Temos un club de ciencias, ofértanse obradoiros sobre ese campo, o mesmo alumnado propón os seus... non pensamos en datas senón en intereses, motivacións... Visibilizamos a data e conversamos sobre a necesidade de perseguir, cada un, a súa paixón. E a importancia de que os que nos rodean apoien as nosas decisións.
|
FOTOGRAFÍA CON ALICIA #voluntariadonaBE #AliciaFreire #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Outra das actividades que tivo que aprender o voluntariado, nos obradoiros de Alcia Freire, foi aprender a usar a cámara fotográfica e coñecer os diferentes encadres. Estas fotografías que imos amosar son feitas pola rapaza. Parece que non están nada mal. Xa temos uns pequenos e pequenas fotógrafos/as en potencia! Engádese ficheiro zip, por se alguén quere imprimir a súa. Parabéns rapazada! |
CONTACONTOS O GRÚFALO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Karen e Amaya cóntanlle a 4 anos "O Grúfalo". Lecturas e familias. Biblioteca Humana/Polos Creativos.
|
CLUBS 5º E 6º PRIMARIA - BAILE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O club de baile de 5º e 6º continúa cos seus ensaios na aula de teatro. Da gusto velos, canto poderío!
|
ÁLBUM E CROMOS 5 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O álbum e os cromos son un verdadeiro xoguete/producto final
para investigar. Hoxe o alumnado de 5 anos, recibe outro sobre e
intercambian cromos. Ollan as fotografías e coa axuda da súa profe,
len a información. Conversan sobre o que saben, o que non sabían,
xorden novas preguntas que hai que resolver nos libros,
na biblioteca, indagando para aprender.
Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro
(aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou),
o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
![]() ![]() |
FERNÁNDEZ DEL RIEGO - CRÍTICA CONSTRUCTIVA DA NOSA VILA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego #Radionabiblio #AMI #aBEtenapalabra |
Despois de investigar na figura de Francisco Fernández de Riego, o alumnado disponse a conversar, expresar sentires, razoar críticas e sacarlles o mellor partido na busca de solucións, cando así se necesitan. Todo isto ao cobixo da biblioteca escolar, os seus recursos e fondos.
|
OS NOSOS NAVEGANTES SAEN NO XORNAL #voluntariadonaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
VOLUNTARIADO REUNIÓN CURTAMETRAXE #AMI #VoluntariadonaBE #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Despois do casting e diversas xuntanzas entre o equipo de bilblioteca e Alicia Freire Vera, celebramos unha reunión co alumnado voluntario que participará no casting. Alicia dalles os parabéns, moi merecidos e faise un primeiro reparto de papeis. O alumnado expresa as súas opinións, é escoitado e validado. Recóllense as súas propostas e todos nos sentimos emocionados ante esta nova aventura.
|
OBRADOIRO EPISTOLAR - FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego #AMI #aBEtenapalabra |
|
MARES DE CEDEIRA - O LIBRO EN PAPEL #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #carloslabraña #quiquevazquez |
Vai un ano a rapazada de 2º de primaria estreaba unha obra escrita por Carlos Labraña, especialmente para o alumnado da biblioteca escolar. Versada no Currículo Cedeirés que promove a biblioteca escolar, conxuga o coidado do medio ambiente, con sucesos como a marea negra que azotou a vila, coas personaxes típicas da nosa biblioteca, animais do mar, o peixe, a gaivota Casilda, o polbo Ataúlfo, a gaivota Casilda e por suposto, Percebiño! Durante un ano esta obra estivo en proceso de construción, tanto na escrita como na dramatización. Foi un proceso complexo e moi enriquecedor, pois foi representada por tres clases á vez enriba do Auditorio de Cedeira. Hoxe ve a luz nun libro, que podemos coller, ler, ollar e ulir. Escrito por Carlos Labraña, ilustrado por Diego Cheda e Quique Vázquez e publicado polo Concello de Cedeira. Actores e actrices foron agasallados cada un co seu. A biblioteca escolar recibiú un bo lote para empréstito e lectura en sala, podedes vir collelo! Agradecer a tódolos implicados.
O domingo realizouse o acto de presentación, aquí podedes ver algunhas fotos.
Estas son as noticias:
|
O CASAMENTO DO PIOLLO E A PULGA #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 5 anos A leva xa varias representacións de "O casamento do piollo e a pulga", unha fábula popular adaptada por Pepe Carreño. Esta é unha rapazada pequecha pero moi grande en expresión. Comezaron pouco a pouco coa decoración, ensaios... e máis ensaios, axudando a confeccionar o vestiario, facendo e repartindo as invitacións e finalmente a representar. Aínda teñen pendentes varias funcións na aula de teatro. Éxito asegurado! Parabéns rapazada! O alumnado de 5 anos A leva a escea "O casamento do piollo e a pulga", Un traballo de equipo! Parabéns rapazada!!
|
MOCHILAS VIAXEIRAS #Mochilasviaxeiras #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As mochilas viaxeiras continúan as súas viaxes polas fogares do noso alumnado.
|
PALEONTÓLOGOS - NATURALMENTE, APRENDENDO! #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dentro do proxecto documental o alumnado de 4 anos realizou un obradoiro sobre paleontoloxía, tallaron pegadas e ósos con pasta branca, as mestras crearon un mundo que semellara o espazo de traballo dun ou dunha paleontóloga e por suposto, eles se fixeron cos materiais axeitados para ser, pois así aprendemos. Atoparon as pezas e as identificaron. Un traballo de creación, recreación e observación calmada que enriquece á rapazada!
|
LECTURAS EN FAMILIA #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 5 anos xa leva as bolsas lectoras para gozar en familia a fin de semana!
|
CONTACONTOS INTERNIVEIS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta ocasión Julia, Analú e Xabier tiñan preparado un contacontos para o alumnado de tres anos, pero apareceu un grupo de primeiro para ensaiar teatro. Como vos anfitrións os convidaron, e o grupo duplicouse, pero esta rapazada xa ten táboas e soubo facerse con todos, enganchalos e levalos a "Contín, Contón", un libro de Antón Cortizas, ilustrado por Leandro Lamas. Canto disfrutaron, rapazada e mestras!
|
XOGOS DE MESA - LECTURA E FAMILIAS #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Outro dos obradoiros que levamos a cabo dentro da Biblioteca Humana, no programa Lectura e familias, son os xogos de mesa. O alumnado guiado por Jessy, unha das mamás da aula e a titora do curso, xa levan varios venres ensinando as reglas e os pasos para xogar. Xa botaron varias partidas, pero isto aínda pretende ser algo máis grande. En breves teremos novidades!
|
ARCE - PAXARIÑOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #arce |
Arce, a Asociación Amiga dos Ríos, de Cedeira achéganos un traballo fermoso realizado cos paxariños da nosa vila. Un caderno que será unha guía magnífica nas vindeiras saída e rutas que hai planexadas. Cantos anduriñas veremos? E o carrizo? Estade atentos con este libro seremos quen de identificar a moitas aves, ás nosas, ás que forman parte da nosa fauna. Gracias Arce por tan inmenso traballo!
|
INVESTIGANDO OS ANIMAIS EN INGLÉS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
En terceiro de primaria realizan un traballo de investigación dos animais na materia de lingua inglesa.
|
VÍDEO DA OBRA - PETER. O MUSICAL #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
CADERNO DE CAMPO - 5º PRIMARIA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumando de 5º de primaria preséntanos o seu caderno de campo de Castro Sarridal, un traballo que comezaron documentándose na biblioteca escolar, con saída incluída. Primeiro recolleron datos en sucio e posteriormente, corrixiron e pasaron a limpo. Un produto final fermoso para compartir con toda a familia. Parabéns chicas e chicos!
|
XINCANA COMUNIDADE EDUCATIVA #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Unhas imaxes da xincana sobre o noso PDI, pola praia e coas familias.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- …
- seguinte ›
- última »