Título | Resumo |
---|---|
DÍA DA MULLER A NENA E A CIENCIA #Bibliotecacreativa #AprenderaPensarnaBE #Cientificas11F #MulleresEnCiencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto experimenta coa masa e o volume. Cunha das experiencias descobren que a masa de auga non cambia cando cambian as formas dos recipientes. No outro pesan e comparan a masa dunha pedra coa dunha pinza. Calculan a densidade... Aprender facendo!
|
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR #stopviolencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Apadriñamento lector polo Día contra o acoso escolar. Uxía, Roi e Borja apadriñan ao alumnado de tres anos co conto "Orellas de Bolboreta" para concienciar contra o acoso escolar. Está claro que lles gustou. A lectura axuda a traballar os valores.
|
OBSERVACIÓN DA FAUNA E DA FLORA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de primeiro observa a fauna da contorna e inicia a creación dun caderno de campo. |
ABRIMOS AS PORTAS! |
Benvidas e benvidos, persoas, proxectos, críticas constructivas e milleiros de ideas! O verán trae consigo novos proxectos e deixou medrar outros. Aquí temos as sementes, que veñen bulir todo e dar unha boa colleita. Namentres, o equipo de biblioteca está preparando e argallando o entramado. Aprendede gozando, rapazada!
INSTRUCCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR. CURSO 2022/2023
|
MOCHILAS VIAXEIRAS NA CASA #Mochilasviaxeiras #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Un anaquiño da biblioteca viaxa semana a semana á casa do alumnado! Agasallando con verbas e intres de compartir lecturas en familia, ao calor do fogar e coa mellor compaña.
|
CURTAMETRAXE "A GATA BENITA" #arte #radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de terceiro de primaria explícanos como realizaron a súa curtometraxe "A gata Benita!.
Con ela participarán no concurso: Nos tamén creamos. Compartimos con vos está ledicia!
|
VISITA BIÓLOGAS - ARCE #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A través da Asociación Arce, recibimos a visita de Victorina Rey Quintiana, Mari Carmen Rodríguez Tizón e María José Leira Ambrós biólogas coas que contactou Camilo. Elas aportaron unha inmensa documentación ao proxecto, sobre a flora e a fauna da nosa contorna, no que estamos inmersos. Biólogas, alumnado e mestras conversaron sobre: cadeas tróficas, o paseo do Condomiñas, o bosque de galería, a flora autóctona, as invasoras... Adobiaron a conversa cunha presentación e un vídeo que quedou para uso do alumnado e que consideramos de gran valor documental. Agora con esa documentación e o tríptico realizado por elas e enviado polo Concello de Cedeira, poderán realizar un percorrido para atopar as especies estudadas. Agradecer a todos os implicados a súa colaboración!
|
CRÍTICA CONSTRUCTIVA DA NOSA VILA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego #Radionabiblio #AMI #aBEtenapalabra |
O alumando de primeiro fixo unha tertulia na que expuxeron varias cousas que lles disgustan e posibles solucións. Posteriormente escribiron unhas cartas para entregarlles ás persoas que nos representan e poden trasladar estas inquedanzas a un pleno, un claustro... e ter en conta a súa opinión. Fai uns días achegáronse a xunto o director do noso cole, Alejandro Martínez. Hoxe tocou visita ao Concello de Cedeira, para trasladar a súa petición a Pablo Moreda, o alcalde. Para darlle difusión á tertulia, crearon un programa de radio que participa no concurso de Radio na biblio.
|
OS GAITEIROS DE HAMELÍN #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #carloslabraña |
A compañía de teatro "Os Vagalumes" de 1º C, presentan a súa peza teatral "Os gaiteiros de Hamelín", escrita por Carlos Labraña. Durante un curso escolar estiveron traballando xuntos, realizaron o atrezzo e os disfraces, nos grupos interactivos con familias, e o 16 de xuño queren compartir con todos vos o resultado. Quedades convidados/as!
|
GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE #FamiliasnabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A investigación INCLU-ED, realizada en 15 países, entre eles España, demostrou que ante diversas formas de organización de aula, os grupos heteroxéneos con voluntarios daban os mellores resultados de aprendizaxe e convivencia.
do instituto, membros de asociacións, avos, tíos, mestres xubilados...
SÚA FUNCIÓN É FOMENTAR O DIÁLOGO IGUALITARIO E A PARTICIPACIÓN. Iniciamos as primeiras sesións na aula para pasar posteriormente á biblioteca.
|
PITIÑOS DE PASPALLÁS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Pode parecer curioso vivindo nunha vila, pero moita desta rapazada xamais tocou un pitiño e incluso algúns só os viron en fotos e os ovos chegan ás súas casas xa envasados. Por iso, a avoa de David, Pura, acompañada da súa neta Sheila trouxo á biblioteca pitiños de paspallás e de pita. Para ofrecer a oportunidade de tocar, escoitar, observar de pretiño estas aves. Despois de saciar a primeira curiosidade veu unha fermosa rolda de preguntas, das que a avoa Pura resolveu tódalas incognitas. Gracias familias por vir e achegar á escola a vida!
|
BUSCAMOS CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS! #MesdaCienciaenGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
MUSEO E CASTELO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #museomaresdecedeira |
O alumnado de 5 anos, seguindo co proxecto da clase "Cedeira na primavera" van ao Museo "Mares de Cedeira" para ver unha colección de bolboretas e despois continuar observando e recoñecendo lugares preciosos e únicos como o muelle, o porto, as cetareas, as praias, os faros, o castelo da Concepción, as excavacións do castro do Sarridal, o cemiterio e as rúas de Cedería Vella, rúa Real, rúa do Cristo, rúa Tetuan, a biblioteca, as fontes.... un fermoso paseo polo pobo.
|
MAKING OF NAVEGANTES - CURTAMETRAXE ALICIA FREIRE VERA #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O voluntariado de lectura da Biblioteca Escolar, que desexou apuntarse, continúa realizando as gravacións para a curtametraxe dirixida por Alicia Freire Vera. Cada día é unha nova oportunidade para aprender sobre o mundo do cine: focos, cámaras, acción! Non hai máis que palabras de agradecemento para Alicia, que se desvive por ofrecerlles oportunidades inesquecibles para aprender, valorarse, quererse, descubrirse... Porque moita rapazada non sabe o que ten dentro, conectar con esa persoa que veu abrir a chave dos teus desexos, sentimentos, do que te move, da ilusión durmida é máxico. Gracias Alicia!
|
“Do mar vívese” #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ata a praia da Madalena achegámonos para realizar un obradoiro da campaña “Do mar vívese”, que desenvolve a Consellería do Mar. Informáronnos da importancia de respectar a actividade marisqueira e dos perxuizos que causa o furtivismo.
de como conservar limpa e coidada a praia e o máis importante, deixar e defender o traballo das mariscadoras.
|
SAÍDA DIDÁCTICA AQUARIO E MUSEO DAS CIENCIAS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 1º realiza unha saída na que recollen información para o PDI, sobre a fauna dos nosos mares.
|
EXPERIMENTOS - BIBLIOTECA CREATIVA #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Experimentando coa densidade e as burbullas de aire no xeo. O alumnado de 6º segue os pasos do método científico para chegar ás conclusións.
|
PROVOCACIÓN DO XOGO Á ESCRITA #Infancia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Sendo o motor da actividade o libro "Un año en el bosque" de Emilia Dziubak creamos unha nova provocación neste caso referida ao inverno. Como é o bosque en xaneiro e en febreiro? Imos descobrilo xogando, argallando e resolvendo un encrucillado. Ven trebellar no espazo argalleiro!
Encrucillado de @moonima.
|
ATREZZO NOS GRUPOS INTERACTIVOS #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
BRAILLE OBRADOIRO #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #3dec #DiaInternacionalDeLaDiscapacidad #discapacidade |
Dende a Biblioteca Creativa, no noso espazo argalleiro, o alumnado poderá gozar esta semana dun obradoiro de Braille, para visibilizar outros xeitos de escribir. Ofértase unha plantilla para escribir o nome con axuda do material de apoio exposto no cadro Lego, coas súas pezas Braille. Tamén poderase descargar a tipografía Braille e poñer dende o ordenador o nome, texto... que se desexe. Acompañamos o obradoiro de fondos bibliográficos e libros de texto en Braille usados por alumnado cego. Libros de texto e material de apoio cedido pola ONCE. Anéxase un conto, tamén da mesma fundación, que permite aprender a escribir en Braille e unha ficha para elaborar o nome, creación da biblioteca.
|
ACEITE DE LAVANDA #MesdaCienciaenGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de sexto de primaria recolleu o sembrado a finais do curso pasado. Unha colleita de lavanda que utilizaron para facer aceite e coa que posteriormente farán xabrón. Documentáronse para ver cal era o proceso. Recolectada a lavanda, a desgranaron, mesturaron a semente con aceite e agora repousará cuarenta días para facer xabrón. Posteriormente crearon un texto instructivo para informar dos pasos a seguir.
|
CONTACONTOS CON KAREN #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Familias e alumnado comparten tempo de lectura de calidade.
Karen Limderfor, veu agasallar ao alumnado coa lectura
do libro "O dragón Zog" de Julia Donaldson.
![]() Para viaxar só hai que asomarse a unha historia.
![]() Ven á biblioteca escolar e poderás levar libros tan fermosos coma este.
![]() Esta actividade enmárcase dentro da actividade da
Biblioteca Humana/Polos Creativos, dentro do programa "Lectura e familias.
|
CLUB LECTURAS CON ANTÓN CORTIZAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O 18 de Maio, pola mañá, o alumnado do Club de Lecturas recibirá a visita de Antón Cortizas. Conversarán sobre os seus libros, entre eles sobre "O merlo de ferro" e realizarán unha xornada de obradoiros ao redor da lectura. Recordade traer tapas de latas e bugallos de carballo. Agradecer á Asociación Arce que nos puxese en contacto.
|
NOVIDADES EN FONDO PARA O PDI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #voluntariadonaBE |
|
ANTÓN CORTIZAS NO CLUB DE LECTURAS - OBRADOIRO DE VERBAS E XOGOS #Clubsdelectura #EscribiraBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Despois da lectura do Merlo de Ferro e a Merla de Trapoo alumnado do Club de Lecturas "Chocolate con Libros"gozou dun obradoiro con Antón Cortizas o autor de ámbolos dous librose dunha morea máis que temos na biblioteca. Antón,é escritor, sabe xogar coa palabra pero tamén de xogo,ese que se fai con bugallos, trozos de lata, papeis...con calquera material que nos proporciona anatureza ou é de refugallo. Así crearon chifres con sons,fixeron paxaros en papiroflexia,unha curuxa con bugallos,leron a poesía musicada "No mundo hai un país"de Guadi Galego, xogaron coa palabra, fixeron O bico do galo...
Temos que agradecer á Asociación Arce quen nos puxo en contacto con Antón, o cal nos agasallou con verbas e xogos. Gracias Antón Cortizas para facer medrar a nosa lingua!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »