Título | Resumo |
---|---|
NADAL "De festas pola vila!" |
Nesta ocasión o alumnado de 2º A celebra o Nadal cunha busca do tesouro no Museo Mares de Cedeira. |
MOITO MORRO CORPORATION, SOCIEDADE LIMITADA |
HOXE OS VAGALUMES TIVERON UNHA ENORME SORPRESA. FORON ENSAÍAR AO AUDITORIO E ALÍ ESTABA CARLOS LABRAÑA. GRACIAS CARLOS, POR VIR E POR ESCRIBIR OBRAS TAN FERMOSAS! ISTO É UN PEQUENO ADIANTO DO QUE ACONTECERÁ O VENRES...
|
III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - CARTAZ E INVITACIÓN #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR
Os Vagalumes de 4º A teñen o pracer de convidarvos á representación da obra de teatro Estrela... fugaz? de Carlos Labraña, o vindeiro martes, 8 de xuño, ás 20:00 h.
Será o resultado do traballo dun curso escolar, un ano diferente e inesperado, no que o alumnado, mestra e familias souberon adaptarse ás circunstancias e cooperar na distancia. Nesta representación teatral os Vagalumes serán capaces de transmitirnos o mellor de si mesmos e serán quen de trasladarnos a outro mundo a través das artes plásticas, a imaxinación e as palabras. Veredes como solucionan problemas, traballan en equipo e ao mesmo tempo poderedes comprobar como este curso medraron en autoestima e confianza en si mesmos.
Preparade un sitio no sofá e unhas pombiñas de millo! Non volo podedes perder!
|
VOLUNTARIADO DE 5º E 6º |
O NOSO EQUIPO DE VOLUNTARIOS! GRACIAS CHICAS E CHICOS POR AGASALLAR CO VOSO TEMPO Á BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA! |
MÁQUINAS E PASO DO TEMPO |
O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA APROVEITOU OS CONTIDOS DE C. NATURAIS E SOCIAIS PARA TRABALLAR COS ROBOTS DO ESPAZO ARGALLEIRO. CO ROBOT MIND DESIGNER FIXERON UNHA CLASIFICACIÓN DE ANIMAIS E MURAIS DE ANIMAIS E PAISAXES EMPREGANDO ELEMENTOS NATURAIS E ARTIFICIAIS. REALIZARON DIFERENTES PROXECTOS SOBRE AS CREACIÓN DE MÁQUINAS CON LEGO WEDO E OS IPADS. TRABALLARON O PASO DO TEMPO, AS MEDIDAS DOS MESES CO MIND DESIGNER. PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS! AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA.
|
24 Febreiro: Día de Rosalía |
Os libros na biblioteca pódense atopar nos andeis pero tamén contamos con unha zona de exposicións temporais onde temos unha pequena selección de libros arredor das diferentes datas especiais que van sucedéndose ao longo do curso. Neste caso, vos ensinamos obras relacionadas con Rosalía escollidas polo equipo da biblioteca para axudar e acompañar as aulas no traballo o día de Rosalía que tivo lugar o 24 de febreiro (e sabemos que houbo actividades ben chulas!) co gallo do nacemento da autora. |
ENTREVISTA A ANTÍA YÁÑEZ #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Hoxe martes, só dous días despois do Día das Letras, temos a fortuna de poder abrir as portas das Aulas no Aire de 5 anos a unha escritora galega. O seu nome é Antía e hoxe participa nas nosas aulas dende a súa casa de Cecebre onde pasa a corentena. Seguro que imos aprender moito con ela. Antía Yáñez, malia non levar moito tempo como escritora, xa ten cinco libros publicados:
O misterio de Portomarín (2016). Galaxia. Senlleiras (2018). Galaxia. O misterio do torque de Burela (2019). Galaxia. Be Water (2019). Cuarto de inverno. A Reconquista (2018). Baía Edicións.
Ao longo da súa traxectoria leva acadado distintos premios e recoñecementos, os primeiros que recibiu foron por traballos de relatos e microrrelatos, pero ten moitos outros: - Premio Illa Nova de Narrativa, 2018 pola súa obra Senlleiras. - I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil e igualdade (2018) pola súa obra A Reconquista. - Finalista do premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil con Be water, finalista este ano tamén como mellor libro xuvenil do ano 2019 na Gala do libro galego. - III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, 2019 por Plan de rescate, que aínda está en camiño de ser publicado. Amigos e amigas que nos ledes habitualmente, xa vedes…un verdadeiro orgullo poder contar hoxe con ela. E xa que temos con nós a Antía, ocorréusenos que o mellor que podiamos facer era aproveitar e facerlle unhas cantas preguntas. Pensándoo ben… Por que será que unha escritora chega a selo? Por que sempre lle apasionou ler, ou escribir? Se cadra, por casualidades da vida, alguén lle recomendou que se puxese a escribir... E…como se lle ocorren as historias? E…que fai estes días de corentena? Se cadra gustaríanos saber que é o que come para que a súa imaxinación sexa capaz de inventar as historias… Así pois, a quenda vai para os nenos e nenas de cinco anos...aquí os tedes:
Gracias Antía por visitar a nosa biblioteca virtual.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
OBRADOIROS DE RECICLAXE DE NADAL STEM |
|
"PEGADAS NA IAUGA" A semente que agroma. #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Un proxecto que agroma, nunha situación difícil e complicada, pero os bimbios da xuventude son fortes. "Pegadas na Iauga" é unha árbore que medra e se espalla, unha árbore de folla caduca que reverdece nas primaveras, unha marea que volve...
O alumnado do proxecto intercentros dinos: - Deica logo! cun video - podcast do seu proxecto intercentros.
Agradecer a todas as persoas que fixeron que a semente agromara.
|
CONTOS POP-UP!! |
O ALUMNADO DE 5 ANOS DE E.I. E DE 1º DE EDUC. PRIMARIA REALIZOU UNHA SAÍDA DIDÁCTICA PARA DISFRUTAR DOS "CONTOS POP-UP" DE FÁTIMA FERNÁNDEZ, NA BIBLIOTECA MUNICIPAL "LÓPEZ CORTÓN". GRACIAS A FÁTIMA, ÁNGELES E LUCÍA POLO SEU RECIBIMENTO! |
RECICLAR E REUTILIZAR 3º C |
O alumnado de 3º C comprometido co medio ambiente crea murais reciclados. |
DE NOVO NA BIBLIOTECA!!! |
O NOSO AMIGO PERCEBÍN ESTÁ ENCANTADO! DESPOIS DAS VACACIÓNS DE VERÁN, A BIBLIOTECA VOLVE ENCHERSE DE NENOS E NENAS! DURANTE ESTES DÍAS TODO O ALUMNADO PASARÁ XUNTA COS PROFES PARA COÑECER OU RECORDAR AS NORMAS. E QUEN QUEIRA PODE VIR NOS RECREOS A LER, DEBUXAR, ESCRIBIR, MANEXAR O ORDENADOR, DISFRAZARSE, LEVAR LIBROS OU PELÍCULAS PARA A CASA, XOGAR COS MONICREQUES...
|
Catálogo de libros da biblioteca |
Accede ao noso catálogo de fondos aquí |
SEMANA DO MEDIO AMBIENTE - FLORES #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Respectar e coidar o medio ambiente resulta máis doado se o coñecemos. Hoxe traemos dúas propostas: un caderno naturalista (5 anos) e plantación de sementes (4 anos).
Un caderno de naturalista na casa? Pois si, empezamos a crear un caderno para que o día que podamos saír a pasear saibamos chamarlles ás cousas que vemos polo seu nome. E por qué? Pois porque a aprendizaxe debe construírse dende o noso entorno máis inmediato. Os nenos e nenas teñen que aprender os nomes das cousas, e con esta actividade pretendemos isto mesmo: coñecer algúns nomes de flores.
Non digas unha árbore, dille "carballo", se che gusta a súa sombra tes que nomealo. Que ten un nome, se che gusta a súa sombra, que non se borre. (Campo, M., 2005)
Fotografías: Rafel López Loureiro
Pois si, amiguiños e amiguiñas... son flores que hai en Cedeira. Cando poidades saír a pasear seguro que atopades algunha delas, e seguro que as ides coidar moito, estamos convencidas de que así será.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
FELIZ DÍA DO TEATRO #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Festexamos o Día do teatro desde a casa da man do noso benquerido Carlos Labraña e de algún alumnado que nos fixo rir e chorar de ledicia. Tamén dos que hoxe, dende as súas casas seguen ensaiando día a día, porque... Co teatro podes ser quen queiras, onde e cando queiras. Podes amosar toooodas as emocións. Incluso podes quedar calado. Podes crear, imaxinar, inventar, gozar... Que comece a función! |
PATRIMONIO INMATERIAL - FACENDO O MOLIDO E CARRETANDO COA ROUPA! | |
WONDER - LECTURA EN VOZ ALTA |
O ALUMNADO DE 4º REALIZOU DURANTE O 1º E O 2º TRIMESTRE LECTURA EN VOZ ALTA DO LIBRO WONDER. UNHA VEZ REMATADO CADA UN VISIONOU A PELÍCULA. |
NORMAS DA BIBLIOTECA | |
PRÉSTAMOS VOLUNTARIADO |
O VOLUNTARIADO REALIZA EMPRÉSTITOS NA APLICACIÓN. AS NENAS E OS NENOS SÚRTENSE DE LECTURAS PARA AS VACACIÓNS! |
Traballo de investigación polo día da muller traballadora |
Polo día da muller traballadora, buscamos información sobre mulleres galegas relevantes para nós. Cada clase elaborou unhas páxinas sobre a biografía, debuxos, elementos relevantes,... da muller escollida pola aula. O resultado final foi a elabroación dun genial.ly que recolle dun xeito interactivo todo o traballo realizado por mestres e alumnado do centro.
|
BOOKFACE NO DÍA DO LIBRO 2021 |
Unha das actividades propostas para o Día do Libro foi a realización de BOOKFACES, que podían facer nas casas, clases, biblioteca, etc... Preme aquí nesta ligazón para acceder a todas as fotos enviadas por familias e mestres. No caso de faltar algunha prégase enviar un mail a biblio.nicolas.del.rio@gmail.com. Ademáis elaboramos un vídeo cunha selección de bookfaces para facer un resumo da actividade!!!
|
MEDRANDO NA IGUALDADE |
DENDE A BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA" APOSTAMOS POR MEDRAR EN IGUALDADE INCORPORANDO NOVAS LECTURAS SOBRE ESTE TEMA. NESTAS IDADES PARA ACTUAR CONTRA A VIOLENCIA, PRIMEIRO TEMOS QUE DAR EXEMPLO: LIBROS, XOGOS, XOGUETES... SON DE PERSOAS, NON DE NENAS E DE NENOS. DESEXAMOS CREAR E MEDRAR NUNHA SOCIEDADE XUSTA, PACÍFICA E IGUALITARIA. NON DUBIDEDES EN LER AS NOVAS ADQUISICIÓNS! |
Día das Artes Galegas, 1 de abril #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Queremos celebrar o Día das Artes agradecendo a Diego Cheda Bustabad outro dos seus deseños. Nesta ocasión Percebín nos traslada unha mensaxe positiva cara a situación que estamos a vivir. Para celebrar este día dende a Biblioteca Carlos Labraña propoñemos a realización de mándalas con obxectos que teñamos no fogar (procurade non usar comida). Aquí deixamos unha idea e unha entrada dunha actividade con mándalas do curso pasado.
Agradecemos enviedes fotos ou vídeos coas vosas creacións aos seguintes enderezos: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com Engadimos a proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares para afondar no coñecemento de Domingo de Andrade.
|
ROBOTS MIND DESING |
ESTE É O RESULTADO FINAL DOS MURAIS E DAS POESÍAS QUE DERON DE SI OS MIND DESING CO ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PARABÉNS RAPAZADA!!
|
Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada! |
O alumnado empodérase e continúa deseñando obradoiros. Neste caso as artes e o steam son a base da actividade.
Realízano dende o comezo, sen saltarse ningunha fase. Xúntanse e definen que levará a actividade, realizan unha lista dos materiais necesarios (será a base de reciclados), deseñan o cartaz para promocionar o obradoiro, fan unhas táboas para que se apunte o alumnado e na data sinalada levan a cabo o obradoiro.
Como sempre, ocorren cousas que hai que contar; estas grandísimas persoas non só fixeron todo este traballo, e por certo moi ben realizado, senón que comezan o obradoiro e escoitas a un deles consultar en cal lingua levarán o obradoiro. Conversan e axiña, sen dubidar, din: - en galego. - Nenas, nenos, todos falamos en galego (coméntanlles aos participantes no obradoiro). Un pracer de rapazada! |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »