Skip to Content

Actividades curso 2022.23

Coñecendo o Concello de Sada

 

San Silvestre 2022

Estimadas familias,

Facendo gala do lema deste curso “Tradicióna-T”, recuperamos o noso tradicional xeito de despedir EN FAMILIA o primeiro trimestre, a carreira da San Silvestre do Mosteirón. Non hai mellor maneira de prepararse para afrontar as comidas familiares, de empresa e demais eventos destas datas!

Xa sabedes que todas as familias estades invitadas, coa condición de que participedes na andaina/carreira para adultos e/ouacompañando na carreira aos vosos fillos/as se son de Ed. Infantil. 

Para participar só tedes que inscrivirvos na no enlace da parte inferior .  Tedes ata o 12 de decembro ás 23:59h para apuntarvos. No día da carreira se non hai inscripción, non se poderá asistir

Ese día necesitamos que o alumnado traia unha muda completa, pois celebraremos a carreira aínda que chova. 

 

Como todos os anos haberá sorpresas e celebraremos o comezo dun ano novo coas 12 badaladas do Mosteirón, asi que esperámosvos para gozar xuntas e xuntos da VI edición da San Silvestre do Mosteirón.

Inscribirse

 

Deseño do cartel: Made In Space

Camiño cara o respecto

Semanalmente facemos a milla diaria, pero a desta e anterior semana foi especial dado que foi co extra de facer deporte para loitar contra a violencia, facer kilómetros que sumen neste loita. 

Saídas Belas Artes- 1º e 2º Ed. Primaria

O alumnado de 1º e 2º Ed. Primaria visitaron o Museo de Belas Artes onde adaptaron a presentación ao noso "Tradiciona-T": Moitas grazas.  

A primeira plantación do curso

Dentro do programa Voz Natura unha das primeiras actividades que fixemos foi preparar o invernadoiro para plantar a nosa primeira colleita. Seguro que saen unhas verduras riquísimas.  

Visita o Muncyt- 5º Ed. Primaria

Magosto 2022

 

A canción do mes

O noso PDI "Tradiciona-t" trae consigo a recuperación de cancións populares, por iso cada mes reunímonos para cantar unha canción popular. A deste mes de outubro foi " A saia da Carolina". 

Maquetas educación primaria

Amosámosvos as primeiras maquetas que se están facendo en 4º, 5º e 6º Ed. Primaria. 

Túnel do terror

Digital week

O alumnado de 6º de Ed. Primaria comezou este domingo, 16, a súa estancia no albergue minicipal de Gandarío para participar no programa da Consellería "Digital week".

 

ENKI

Participamos na carreira ENKI na Coruña. 

Xubilación xardineiro

Despois de 35 anos con nós, chegou o momento de que Miguel desfrute da súa xubilación. Preparámoslle unha sorpresiña!

 

Outono en infantil

Coa chegada do outono, fixemos un conxuro facendo eco ao noso PDI e logo preparamos a nosa vendimia!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut