Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Día da PAZ , Nadal, Contra a violencia de xénero

Día da Paz

O día 30 de xaneiro conmemoramos o día da Paz na nosa escola. Pola mañá tivemos a sorte de ter connosco a Ana Vila para facer un  "Obradoiro de Poemas con sabor a Paz" e, pola tarde, reunímonos tod@s para facer un recitado de poesías da Paz.

Que sorte temos cos nosos poetas!

Chega o Nadal!

Chegounos unha carta do Apalpador ao centro, así que nada mellor que montar un mural e expoñela para tod@s.

 

Certame de Poesía Infantil da Biblioteca Municipal

Valeria Ruiz de 4ºB quedou de primeira na súa categoría no Certame de Poesía Infantil de Nadal organizado pola Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos.

Noraboa, Valeria.

                                  

Concurso de felicitacións de Nadal

Despois de decorar os corredores do cole coas felicitacións de Nadal de todo o alumnado a felicitación gañadora foi a de Martín Quevedo de 3º B. Enviouse a toda a comunidade educativa por correo electrónico e enviámola a tódolos centros educativos da comarca de Lemos, aos centros da terceira idade de Monforte e ás asociacións de persoas con discapacidade.

Moitas grazas e noraboa Martín!

 

Visita ao Apalpador

O día 13 de decembro de 2018 as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria fixémoslle unha visita ao Apalpador.

Preme aquí e comproba o ben que o pasamos.

O Galego.

SE CHOVE ... DEIXA CHOVER ...

Visita ao Apalpador

A pesares do mal tempo, o pasado 13 de decembro o alumnado de 1º e 2º de Primaria fixémoslle unha visita ao Apalpador. Pasámolo xenial e ademais participamos na gravación dun video. Preme no enlace para poder visionalo.

Preme neste enlace.

Visita ao Apalpador

A pesares do mal tempo, o alumnado de 1º e 2º de Primaria visitamos ao Apalpador o pasado 13 de decembro. Pasámolo moi ben e ademais graváronnos para a televisión de Chantada. Premede no enlace e disfrutade.

Aquí vos deixamos o enlace.

 

 

Distribuir contido