Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Día da PAZ , Nadal, Contra a violencia de xénero

8 DE MARZO: DÍa INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar este día o alumnado de 4ºB fixo dúas gravacións: unha dun conto de Eva Mejuto titulado "Maruxa" e outra dunha poesía de Carlos Negro que leva por título "Barbie girl".

 Preme nos títulos e escoitarás as gravacións.

SAÍDA CULTURAL A OUTEIRO DE REI

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro no que se festexa o día do seu nacemento, 24 de febrerio de 1837, o 22 de febreiro fixemos unha saída cultural a Outeiro de Rei co alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria.

* Pola mañá: nada máis chegar recibíronnos e estivemos facendo uns xogos ben divertidos. Despois, tivemos que dividirnos en dous grupos para poder visitar a Casa-Museo. Mentres un grupo facía a visita o outro esperou no auditorio no que puideron ver un documental e recitaron poemas de Manuel María e de Rosalía de Castro. Unha vez rematou a visita á Casa-Museo fixemos un pequeno roteiro a pé para coñecer as zonas que Manuel María máis amaba e que tanto o inspiraron para escribir os seus poemas. Rematamos na carballeira de Santa Isabel onde xantamos ao lado do río Miño.

* Pola tarde: despois de xantar collemos rumbo cara San Clodio de Aguiar, unha aldea convertida no “Conto das formigas”. Acompañounos na visita Xosé Ramón quen nos guiou no percorrido e nos demostrou como os materiais de refugallo se poden convertir en obras de arte e ao mesmo tempo se poden coidar e respectar as marabillosas paisaxes que temos na nosa terra e que tanto defenderon nas súas vidas Rosalía de Castro e Manuel María.

Grazas Teresa pola montaxe do vídeo.

SE PREMES AQUÍ VERÁS O BEN QUE O PASAMOS.

 

SEMANA DO ENTROIDO

Por fin chegou a semana de Entroido e como sempre o Meco púxose mandón e cada día deunos unha orde pero a verdade é que nos fixo rir e divertir.

Luns: coloretes e pencas.

Martes: un babeiro ou pano no pescozo.

Mércores: calcetíns de diferente cor por riba do pantalón.

Xoves: coloretes e pencas, un babeiro ou pano no pescozo, calcetíns de diferente cor por riba do pantalón e PANTALÓN DE PIXAMA.

Venres: cadaquén que se disfrace como máis lle guste.

 

Mirade como comezou a semana e como a rematou. 

XOVES DE COMADRES

E como non ía ser doutro xeito tamén houbo comadre: "Dona reciclaxe". Moito traballa esta ANPA.

XOVES DE COMPADRES

Xa se vai achegando o Entroido e a ANPA do colexio preparou o Compadre. Este ano a temática escollida foi: "Non me toques os marcos!

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro o día 22 de febreiro os grupos de 4º e 5º de Educación Primaria visitaron a Casa-Museo de Manuel María e aldea de San Clodio de Aguiar en Outeiro de Rei.

Aquí deixamos un vídeo do marabilloso día que pasamos.

 

Con motivo do día de Rosalía, cambiamos o mural do taboleiro. As nenas e os nenos de 4º B fixeron caligramas de dous dos poemas da autora: "O repoludo gaiteiro" e "A gaita gallega"; o alumnado de 3º B ilustrou o poema "Adiós ríos, adiós fontes" e os de 2º A decoraron unhas mandalas nas que a nosa autora está moi presente.

Este foi o resultado.

 

CHEGOU O CORREO

Mira que sorte tivemos que estando no "mes da amizade" as nenas e os nenos de 6º recibiron cadaquén a súa carta. As cartas viñan do colexio da Gándara para facer un intercambio de correspondencia entre o alumnado de sexto para que se vaian coñecendo xa que pronto van compartir instituto uns e outros. Agora tócanos responderlles pero mirade o que nos artellaron.

 

 

MES DA AMIZADE

O día 2 de febreiro foi o día da Candeloria e decidiuse que íamos facer deste mes o mes da amizade. Os cursos de sexto e de 4ºB escribiron uns poemas para @s seus amig@s e quedounos un mural ben chulo na entrada do centro.

 

MÁIS ACTIVIDADES POLO DÍA DA PAZ

Tamén montamos entre todo o alumnado o mural "A paz aniña na lingua". Unha pomba rodeada de niños nos que escribiron fermosas verbas en galego. 

 

                  "A PAZ ANIÑA NA LINGUA"               

 

Outra actividade foi facer a recita da Masa da Paz.

 

E, cousas do destino ou da casualidade, a mestra Pilar atopou unha pomba branca de poliespan que foi lanzada ao aire desde a escola Externato Pingüin en Chaves o ano pasado. Decidimos enviarlles un correo electrónico para que souberan ata onde chegou a súa pomba. 

 

 

Distribuir contido