Biblioteca

LIBRO VIAXEIRO

Se queredes coñecer o noso Libro Viaxeiro, clicade sobre o enlace. (1º A).

                                         Libro viaxeiro de 1º B

BOLETÍN DIXITAL:2º trimestre curso 2009/10

Se queres ollar as propostas de lectura preparadas polos alumnos e alumnas de sexto curso de Educación Primaria, clica sobre o arquivo que se xunta.

Boletín dixital- 1º trimestre curso 2009-2010

Clica sobre o enlace para acceder ao Boletín deste 1º trimestre. Na bilbioteca do colexio atoparás todos estes´libros.

Boletín dixital- xuño 2009

Boletín dixital- xuño 2009

Neste novo boletín, aconsellámosvos algunhas lecturas moi refrescantes para o verán. Escolle o título que máis che suxira e... corre á biblioteca ou á librería  para empezalo  xa mesmo.Boas vacacións a todos e a todas¡

 

O preguntón de "Lemos ... os números"

Comeza o "Preguntón de Lemos... os números"

O vindeiro luns, 1 de xuño comezará o IIº Preguntón.

O tema son os libros e os números, por iso o nome do concurso é "O preguntón de Lemos os números".

Podedes inscribiros na Biblioteca do cole, nos recreos. Formade grupos de catro ou cinco persoas e non deixedes a ningún compañeiro/a sen participar.

ANIMÁDEVOS¡¡¡¡

23 de abril- DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO

Sabedes  por que?

A elección do día 23 de abril como día do libro e do dereito de autor, procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616, aínda que  realmente no fose no mesmo día, debido a que a data de Shakespeare corresponde ao "calendario juliano," que sería o  3 de maio do calendario gregoriano e que Cervantes faleceu o día  22, sendo enterrado o día 23.

A  obra máis importante de don Miguel de Cervantes Saavedra é sen dúbida :  "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha,"que forma parte da literatura universal. Escribiu moitos libros  máis. Pouco antes de morrer adicou ao  conde de Lemos o seu libro "Los trabajos de Persiles y Segismunda" . 

William Shakespeare é un escritor inglés mundialmente coñecido pola súa obra "Romeo e Julieta", tamén escribiu "Hamlet", "Otelo", ....

 

MOCHILA VIAXEIRA

 

 

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura. A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia: ese conto que tanto nos gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas, as imaxes dun álbum que tanto me abraiaron, esa música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro que fala do tema que andamos a estudar... 

 

Distribuir contido