Biblioteca

CONTACONTOS EN 4 ANOS

ANIMACION Á LECTURA EN 4 ANOS

 Durante este ano, os pais/nais dos nenos e nenas de 4 anos veñen a facernos pasar un ratiño máxico cando nos visitan para leernos os seus contos dentro da campaña de animación á lectura que se está a levar a cabo no noso centro.

A primeira visita que recibimos foi a Mª del Carmen Souto que nos contó a historia do "Rato Pérez".

A segunda visita foi Mª. Angeles Mariño que nos contó a historia do "Peixe de ouro ". 

Logo veu Consuelo Rodríguez que nos leeu  o conto "Rei e Rei".

Tamén aceptou a nosa invitación Carlos Diego Méndez que relatou a historia "O pozo máxico"

Esperamos recibir moitas mais visitas xa que o pasamos moi ben.

O día 23 de marzo veu a contarnos o conto "A galiña vermella e o gran de trigo" Judit Meritxell Jorge.Pasámolo moi ben e dámoslle as grazas pola súa visita.

Hoxe día 27 de abril, volveu M. del Carmen Souto a leernos un novo conto, trátase do "Galo Kirico" que nos gustou moito. Fixemos unhas viseiras moi vistosas e traballamos nun puzzle que tiña un galo debuxado. O final recibimos un agasallo e dámoslle moitas grazas por pasar un rato con nos.

O día 13 de maio, volveu Consuelo Rodríguez a contarnos o conto do "Marciano Marcial", foi moi divertido e aprendimos moitas cosas sobre a alimentación saudable. Realizamos un recortable sobre a pirámide dos alimentos e unhas fichas sobre algunhas froitas que coñecemos e que xa comimos nalgunha ocasión. Tamén sabemos que non se pode abusar dos doces e golosinas e que se deben comer moitas froitas e verduras. Pasámolo moi ben. Grazas.

Enlace á galería de fotos

 

LIBRO VIAXEIRO - Curso 2008-2009

Libro viaxeiro

Como sabedes, o mes pasado os alumnos/as do Centro e as súas familias contribuiron cos seus  traballos  ao fomento da lectura, elaborando o Libro Viaxeiro.

Invitámosvos a que pasedes un momento de ledicia disfrutando do traballo realizado por todos eles.

Enlace ao libro viaxeiro de 1º           

Enlace ao Libro viaxeiro de 2º A  

Enlace ao Libro viaxeiro de 2º B

Enlace ao  libro viaxeiro de 3º A

Enlace ao libro viaxeiro de 3º B

Enlace ao libro viaxeiro de 4º A

Enlace ao libro viaxeiro de 4º B

Enlace ao libro viaxeiro de 5º A

Enlace ao libro viaxeiro de 5º B

Enlace ao libro viaxeiro de 6º A

Enlace ao libro viaxeiro de 6º B

LIBROS, PELÍCULAS E BIBLIOTECAS

LIBROS-PELÍCULAS E BIBLIOTECAS

“EL GUARDIAN DE LAS PALABRAS” (Maurice Hunt, 1994)

 Cando o protagonista se ve na obriga  de refuxiarse nunha  misteriosa biblioteca xunto ao  seu bibliotecario, comezará  vivir unha trepidante aventura na que os libros tomarán vida. Esta aventura,  permitiralle descubrir a maxia da biblioteca e  do seu contido.

MATILDA (Danny de Vito, 1996)

O mundo de Matilda son os libros e a biblioteca. Nos libros, atopa  todo aquelo que a súa familia non pode darlle.

HARRY POTTER

Nas catro películas, que narran a vida académica do xoven  mago Harry Potter,  rescátase  a imaxe da biblioteca como espazo misterioso, lugar de iniciación  e descubrimento.

LA HISTORIA INTERMINABLE III (Peter MacDonald, 1994)

O prezado libro de "La historia interminable" é roubado. Baltasar B.B.  é  o   protagonista da historia sen sabelo. Fantasía debe ser salvada  da “Nada”. Na   película  destaca a importancia da lectura para vivir aventuras incribles e para a formación dos xoves.

 

Se coñeces outros títulos nos que os libros sexan os protagonistas... fáinolo saber. Achéganos as túas suxestións e comentarios e os  colgaremos na web do cole.  

s e 

Mes da biblioteca escolar

MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O día 24 deste mes de outubro comezamos a EXPOSICIÓN:  "O MEU LIBRO FAVORITO". Os/As alumnos/as do centro deixan o seu libro preferido para que os compañeiros/as que así o desexen poidan compartir con eles a súa lectura.

"El guardián de las palabras" será a película que invitará aos nosos alumnos/as a visitar e quedar na biblioteca na procura de libros que os mergullen en  estupendas aventuras.

"O libro viaxeiro" é outra das actividades dirixidas ao fomento da lectura é a mellora da competencia lingüística dos nosos alumnos/as. Grazas a todas as familias pola súa colaboración na elaboración do mesmo.

 

 

Contos animados

 
Podes acceder a fermosas historias animadas feitas polos rapaces de Educación Infantil



Distribuir contido