Blog de Relixión

Día da poesía con Gloria Fuertes

Co gallo do Día da Muller e do Día da Poesía o alumnado de relixión investigamos, ilustramos e realizamos dous murais sobre:

- a orixe do 8 de marzo como día internacional da muller, algunhas mulleres pintoras, centrándonos especialmente en Ende, 1ª pintora europea, e nas principais pintoras galegas especialmente nas lucenses, Maruja Mallo e Julia Minguillón.

- a poeta Gloria Fuertes, centrándonos na súa biografía e na lectura e ilustración de moitos dos seus poemas.  Cada grupo ilustrou un dos seus poemas e  con estas ilustracións e outras realizadas previamente polo día da paz e en carnaval fixemos un mural para conmemorar o centenario do seu nacemento.

Glosario: Valores para la Paz

Para conseguir a paz e para que esta sexa duradeira é preciso sumar valores -tolerancia,diálogo, respeto, xenerosidade...- e restar (votar ao lixo) antivalores tales como: odio, rancor, insulto, intolerancia, inxustiza, egoismo, discriminación, violencia, racismo... e falta de compañerismo.


DIA DA PAZ 2012

Un Bosque de Paz

 

Unha Árbore de Paz

AUGA E RELIXIÓN

Este curso o proxecto de Voz Natura do centro xirou entorno á Auga. Na clase de reli traballamos este tema desde diferentes aspectos. Nestes dous Power Points podedes ver alguns dos nosos traballos
View more presentations or Upload your own.

ANO SANTO COMPOSTELANO 2010

(Presentación con avance manual, debes empregar o rato)
View more presentations or Upload your own.

DÍA DA AUGA (22 de marzo)

Como todos os anos o 22 de marzo celébrase o Día Internacional da Auga, unha xornada que ano tras ano a UNESCO renova coa intención de que tomemos conciencia sobre a importancia de coidar e respetar  a Auga, unha fonte vital, que por desgraza non é inesgotable.


Este Ano o lema é: "Auga para as cidades: responder ao desafío urbán".


Por primeira vez na historia da humanidade a maioría da poboación mundial vive en cidades, polo que o obxectivo é por de relevo e alentar aos gobernos, ás organizacións, comunidades e persoas a participar activamente para responder ao desafio da xestión da auga urbá.


E que mellor maneira de participar que facelo no día a día con hábitos que nos leven a coidar e respetar este líquido vital tal como se nos invita a reflexionar na seguinte canción: "El agua es vida, cuidalá"


 

Distribuir contido