VISITA Á BIBLIOTECA DO "IES RÍO CABE"

Visitando a Biblioteca do "IES RÍO CABE"

Hoxe, 2 de abril, o alumnado de 5º de Educación infantil participou no IES Río Cabe nunha actividade na biblioteca. Atopamos un mundo cheo de soños dentro daqueles contos que vimos e que nos contaron. Tamén houbo algúns  alumnos que quixeron  contar os seus contos , e o fixeron moi ben. O noso agradecemento a encargada da Biblioteca por invitarnos a visitala.

Se queredes ollar as imaxes clicade sobre o enlace.