XORNADAS DE FORMACIÓN DO PROGRAMA DE AUTOPROTECCIÓN

Onte, o profesorado, participou nas Xornadas de Formación para a posta en práctica do programa de autoprotección do centro. 

O Equipo de Emerxencias do Concello de Oleiros formounos na prevención, actuación e os procesos de evacuación que levaremos a cabo ante as diferentes situacións de emerxencias que podemos vivir no noso Centro e que xa están recollidos no noso Plan de Autoprotección. 

Proximamente, realizaremos no noso Centro, un simulacro de evacuación.

 

 

 

Semana de concienciación sobre o Autismo

 

Rematamos este trimestre cunha pequena presentación da que será a Semana de concienciación do Autismo.

 

O 2 de abril celèbrase este día, así que, á volta das merecidas vacacións, faremos diferentes actividades dentro da temática “Todos somos diferentes”. Hoxe adornamos o colexio de azul e fixemos a lectura do discurso inaugural.

GALERÍA DE FOTOS

 

FOLGA DO 8 DE MARZO DO 2018

Estimadas familias,

 

Con motivo da folga convocada para o día 8 de marzo do 2018 (Día Internacional da Muller), este Centro informa que parte do persoal docente e non docente ten pensado acollerse ao seu dereito á participación na folga polo que o desenvolvemento habitual da xornada escolar verase afectado.

Para abordar a situación o colexio seguirá o disposto no Decreto 26/2018 do 1 de Marzo polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais para ese día (DOG  07/03/2018).

Agradecemos, coma sempre, a vosa inestimable colaboración.

Atte. Equipo Directivo

 

 

 

 

 

CONCERTO DE MATEO

O noso alumno Mateo participa nun programa de ensinanza de música no Conservatorio Profesional da Coruña para alumnos e alumnas con necesidades especiais de aprendizaxe.

A finais de febreiro participou nun concerto no CEFORE, interpretando o Segundo movemento da "Sinfonía Del Nuevo Mundo” de Dvorak, tocando a trompa.

Podedes ver nestes enlaces o bien que o fixo.

Noraboa, Mateo!

 

PRIMEIRO PASE DO CONCERTO

SEGUNDO PASE DO CONCERTO

 

PROCEDEMENTO PARA ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2018/2019

Bo día,

 

As datas para entregar a documentación necesaria para a admisión do alumnado de nova incorporación a este centro para o curso 2018/2019 son:

 

DO 1 AO 20 DE MARZO

 

 

VíDEOS DA FESTA DO ENTROIDO 2018

Podedes ver, nos seguintes vídeos, o ben que o pasamos na festa do Entroido.

Educación Infantil

Baile de 6º de PRIMARIA

BAILE FINAL

Esperamos que vos guste! E moitas grazas por participar!

PARA TODOS OS MESTRES E MESTRAS

MOITAS GRAZAS FORGES

 

PREMIOS LITERARIOS DESCUBRINDO OLEIROS

Como xa comentamos nunha das entradas anteriores, onte 21 de Febreiro, Día da Lingua Materna, entregáronse na sede de "A Fábrica" de Oleiros, os Premios Literarios Descubrindo Oleiros e entro os premiados atopábanse dous alumnos do noso colexio: DIEGO SANTIAGO GARCÍA e unha mención especial para ADRIEL BARBEITO ROMANO.

Tedes aquí un collage das fotos desa entrega: COLLAGE

Deixamos nos adxuntos unha mostra deste día , sen esquecernos de darlle as grazas ao Concello por estas iniciativas e pola colaboración que sempre amosan connosco.

Esperamos que vos guste

Saúdos

VIDEO DA CANCIÓN DA PAZ

Este ano para celebrar o Día da Paz, o 30 de Xaneiro, fixemos un rap para que tod@s os nen@s cantaran xuntos no cole. Pasárono fenomenal, e a canción foi todo un éxito!!!!

 

Aquí vola deixamos por se querede cantala!!

 

PINCHA AQUÍ    RAP DA PAZ LUÍS SEOANE

PREMIO LITERARIO DESCUBRINDO OLEIROS

Boas familias,

 

Volvemos do entroido  con moi boas novas que nos fan estar máis orgullosos, se se pode, dos nosos nenos e nenas.

Na segundo catergoría do concurso Premio Literario Descubrindo Oleiros resultou gañador o alumno Diego Santiago García de 6º de primaria do CEIP Luis Seoane por A sombra da furna pequena.

Ademais, nesta mesma categoría, faise unha mención especial polo texto Marco e a invasión dos plumachos a Adriel Barbeito Romano de 6º de primaria, por mostrar ser coñecedor da actualidade.

A entrega de premios será o vindeiro 21 de febreiro, ás 19:30 horas na Fábrica.

 

NORABOA A TOD@S!!!

Distribuir contido