O NOSO COLE |
AULAS VIRTUAIS E EDIXGAL 23/24 |
SERVIZOS DO CENTRO | ANPA | CONTACTO |
Como xa dixemos onte, hoxe chegou ao colexio... A MECA LUISIÑA!! Luisiña dinos o seguinte: "Ola nenos e nenas! Son a meca Luisiña que cada Entroido chega ao colexio Luís Seoane! Atendede ben aos meus mandados que temos todos que quedar ben guapos disfrazados, e... cada día un novo poñerás e o anterior non quitarás!"
Podedes ver o guapa que vén na seguinte foto e no ficheiro adxuntos atoparedes o "mandado" que nos trae para vir ao cole o luns día 5. Non vos equezades de cumprilo para que a nosa convidada estea contenta! Un saúdo |
|||
O alumnado de 6º de primaria que queira continuar o seus estudos de secundaria no centro ao que estamos adscritos, o IES Bastiagueiro, deberá presentar a solicitude de reserva de plaza no noso centro (CEIP Luis Seoane) do 1 ao 15 de Febreiro. Será o noso centro o que remita ditas solicitudes ao centro de adscrición. No seguinte enlace poderedes atopar un modelo de solicitude de reserva: https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.01.pd Unha vez rematado o proceso de reserva, levarase a cabo o procedemento ordinario de admisión do alumnado para o curso 2018/2019, entre o 1 e o 20 de Marzo. Deste proceso terán toda a información nesta páxina web. Pódese atopar tamén a información no seguinte enlaces: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113
ACLARAMOS QUE:
|
|||
BOAS DE NOVO FAMILIAS!!
XA SE ACHEGA O ENTROIDO E COMO XA É HABITUAL NO COLEXIO AGARDAMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL: A MECA LUISIÑA!! TEN PREVISTA A SÚA CHEGADA PARA O VENRES DÍA 2 DE FEBREIRO ASÍ QUE ESTADE MOI ATENTOS PORQUE TRAE MOITAS COUSAS QUE DICIR.
|
|||
BOAS FAMILIAS!!
INFORMAMOS DE QUE O XOVES, 15 DE FEBREIRO ÁS 17:30 HORAS TODAS AS FAMILIAS INTERESADAS PODERÁN FACER UNHA VISITA GUIADA AO COLEXIO PARA COÑECER AS INSTALACIÓNS.
AGARDÁMOSVOS!! |
|||
O DÍA 29 DE DECEMBRO FOI NOTIFICADO AO CENTRO O ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA DO VINTE E OITO DE DECEMBRO DO 2017: CONCÉDESE Á ENTIDADE SINALADA UNHA SUBVENCIÓN POR IMPORTE DE 6820 EUROS (seis mil oitocentos vinte euros) PARA OS SEGUINTES CONCEPTOS:
"MATERIAIS DIDÁCTIDOS DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 6 AULAS E ACTIVIDADES CULTURAIS E DIDÁCTICAS (viaxes e saídas culturais, conmemoracións e festivais: magosto, nadal, entroido, día da paz, día do libro, letras galegas...,IMPULSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E MELLORA DA BIBLIOTECA PARA 380 ALUMNOS-AS"
MOITAS GRAZAS AO COCELLO DE OLEIROS |
|||
Para comezar con ánimos este segundo trimestre, deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos na festa de Nadal do colexio onde non faltaron risas, bailes, larpeiradas con chocolatada e, por suposto, as 12 badaladas! Todo isto grazas a colaboración de todas as familias, dos nosos nenos e nenas, dos monitores e profesorado, pero especialmente, á colaboración da ANPA.
UN MILLÓN DE GRAZAS A TOD@S!!!! |
|||
Adxuntamos o documento coa concesión definitiva de axudas para comedores escolares. Un saúdo |
|||
MOITAS VECES ESCOITAMOS QUE NON HAI MELLOR AGASALLO QUE AS MOSTRAS DE CARIÑO E OS PEQUENOS DETALLES QUE FAN QUE NOS EMOCIONEMOS E NOS CHEGAN AO CORAZÓN. NON ATOPAMOS MELLOR MANEIRA DE DESPEDIRNOS E DESEXARVOS A TODOS BO NADAL QUE CON ESTAS IMAXES QUE CONFIRMAN OS DITOS QUE TANTAS VECES OIMOS E QUE FOI POSIBLE GRAZAS Á COLABORACIÓN DE TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE, PROFES, ANPA, OS NOSOS MAIORES (residencia de anciáns de Oleiros), FAMILIAS... ESTE É O RESULTADO DAS BOAS INTENCIÓNS E DO TRABALLO FEITO CON MOITO AGARIMO. BO NADAL E FELIZ 2018!! |
|||
Bo día familias,
No seguinte enlace adxunto as propostas de concesión ou denegación das axudas para o comedor.
Un saúdo. |
|||
BOAS FAMILIAS!
Como xa sabedes o 6,7,8,9 e 10...NON TEMOS CLASE. Volveremos a vernos o Luns 11 de Decembro coas pilas cargadas.
Esperamos que pasedes unha moi boa ponte!!
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- seguinte ›
- última »
![CEIP Luís Seoane RSS Distribuir contido](/centros/ceipluisseoane/misc/feed.png)