3 de Decembro DÍA DA DIVERSIDADE

 

 

O CEIP LUÍS SEOANE está ”BAIXO O MESMO PARAUGAS” loitando por unha igualdade social real. Sumàmonos a esta iniciativa có noso apoio.

 

ACTO DE CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

O día 25 de Novembro celebramos o Día para A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, neste cole realizamos diferentes actividades nas aulas e pechamos este venres cun acto conxunto para reivindicar os dereitos e libertades das mulleres cós homes ao noso carón. Por unha sociedade libre de violencia de xénero!!!

PODES VER AS IMAXES E VÍDEOS PINCHANDO NA SEGUINTE FOTO:

RESOLUCIÓN BECAS COMEDOR

Bo día familias,

 

Adxuntamos a listaxe de solicitudes de asistencia a comedores escolares durante este curso: as admitidas, as desestimadas e as que teñen que presentar documentación.

Tamén a podedes consultar no taboleiro do colexio.

 

IMPORTANTE!!! Tedes 10 días para presentar alegacións se o considerades necesario.

 

Para ver a listaxe tedes que pinchar no arquivo adxunto.

 

Un saúdo

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Bo día familias,

 

Recordamos que o luns, 26 de novembro, terán lugar as eleccións para a renovación parcial de representates de nais e pais do consello escolar.

As candidaturas presentadas son:

-María de la Oliva Blanco Díez

-Almudenas Matos Fariñas

-Mar Fraga Pérez

 

A mesa electoral estará situada na secretaría do colexio e o horario de votación será o seguinte:

De 9:00h a 9:30h

De 13:30h a 14:00h

De 16:00h a 18:30h

 

Un saúdo

 

 

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe os alumnos e alumnas de 5º de Educación Infantil tiveron a sorte de visitar o Parque de Bombeiros da Coruña. Foi unha visita súper divertida onde os nenos poideron experimentar e investigar sobre o traballo destes profesionais. Unha chulada!!

 

 

PODEDES VER A PRESENTACIÓN DAS FOTOS DESTA VISITA FACENDO CLIC AQUÍ: VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS ;-)

FESTA DO MAGOSTOMÁIN

 

O MÉRCORES 31,  ANTES DA PONTE, COMO SABEDES, FESTEXAMOS O MAGOSTOMAÍN POR TODO O ALTO CON DEGUSTACIÓN DE CASTANAS E XOGOS POPULARES, XA QUE TIVEMOS A SORTE DE QUE TEMPO REPECTOUNOS!

TODOS OS ALUMN@S PASÁRONO EN GRANDE... PODEDES VER UNHA PEQUENA MOSTRA AGORA, E DENTRO DE POUQUIÑO SUBIREMOS AS FOTOS (que son moitas) DE TODOS OS CURSOS... IBAN XENIALES CÓS SEUS DISFRACES!!!

O VINDEIRO CURSO MÁIS E SEGURO QUE MELLOR!!!

Fai clic na foto e xa accededes á presentación.. Esperemos que vos guste!!

MAGOSTOMAÍN

BO DÍA,

 

RECORDAMOS QUE MAÑÁ FESTEXAREMOS O MAGOSTOMAÍN NO COLEXIO, POLO QUE AGRADECEMOS QUE CADA NENO/A TRAIA UNHA PRESIÑA DE CASTAÑAS CO CORTE XA FEITO PARA PODER ASALAS.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

 

UN SAÚDO

RECORDAMOS QUE O VENRES É DÍA NON LECTIVO...

BO DÍA!!!

RECORDAMOS QUE ESTE VENRES É UN DÍA NON LECTIVO, POLO QUE TEMOS UNHA PONTE LONGA PARA GOZAR DO SAMAÍN.

O VENRES DÍA 2 DE NOVEMBRO, XUNTO CÓ LUNS 18 DE MARZO SON OS DÍAS NON LECTIVOS ELEXIDOS POLO CENTRO E APROBADOS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

BOA PONTE A TOD@S!!

VÉMONOS O LUNS DÍA 5 DE NOVEMBRO COAS PILAS RECARGADAS!!

MAGOSTOMAÍN

Bo día,

 

Un ano máis celebraremos no colexio o "MAGOSTOMAÍN" e queremos animarvos a participar na exposición de cabazas e traballos con elementos do autono.

Para poder disfrutar máis tempo da exposición de cabazas, estas poderán chegar  ao centro a partir do luns 22 de outubro decoradas pero pechadas, sen baleirar, co nome e curso do autor ou autora. Os que queiran traelas baleiras terán que traelas o luns 29.

Para participar no magosto do día 31 de outubro poderán traer unha présa de castañas xa picadas ese mesmo día, así como vir disfrazados ao cole polo Samaín (disfraces relacionados coa temática).

 

ÍMOLO PASAR DE MEDOOOOO!!!

GRAZAS POLA COLABORACIÓN

CONVOCATORIA DE AXUDA PARA ASISTENCIA A COMEDORES ESCOLARES

Bo día,

 

Xa tedes publicadas as bases para solicitar a axuda para asistencia a comedores escolares no BOP. Tamén o podedes ver no taboleiros do colexio e no seguinte enlace.

 

Un saúdo

 

 ENLACE

Distribuir contido