O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

MAGOSTOMAÍN

Bo día,

 

Un ano máis celebraremos no colexio o "MAGOSTOMAÍN" e queremos animarvos a participar na exposición de cabazas e traballos con elementos do autono.

Para poder disfrutar máis tempo da exposición de cabazas, estas poderán chegar  ao centro a partir do luns 22 de outubro decoradas pero pechadas, sen baleirar, co nome e curso do autor ou autora. Os que queiran traelas baleiras terán que traelas o luns 29.

Para participar no magosto do día 31 de outubro poderán traer unha présa de castañas xa picadas ese mesmo día, así como vir disfrazados ao cole polo Samaín (disfraces relacionados coa temática).

 

ÍMOLO PASAR DE MEDOOOOO!!!

GRAZAS POLA COLABORACIÓN